miércoles, 18 de mayo de 2011

Prácticas de verán


Boas

Xa se publicou a convocatoria das Prácticas clínicas en periodo non lectivo na web da facultade. Nela podedes ler a convocatoria, coñecer a oferta de prazas do SERGAS e descargar/cubrir o formulario de solicitude.

O prazo de solicitude remata o 3 de xuño.

Os créditos concedidos este curso por cada periodo son 7,5 e deberase entregar unha memoria de 5-10 follas ó titor das prácticas.


Aqueles que ó sumar os 7,5 créditos (ou 15) sobrepasen os 15 créditos máximos que se poden
obter en prácticas clínicas en periodo non lectivo poderán matricularse igualmente e pagarán por todos os
créditos dos que se matriculen, mais so lle subirán ó expediente os que lle resten para os 15 máximos.


Os bolseiros do MEC exentos do pago de matrícula non pagan o prezo dos créditos das prácticas de verán.

Un saúdo

5 comentarios:

  1. Perdón, pero é que a entrada aparecía duplicada. Poño aquí o comentario que había na outra:

    "Elena dijo...

    ¿No hay posibilidad de hacerlas en otro centro que no esté en la lista?"

    Eu entendo que non... igual se as arranxas ti :S

    ResponderEliminar
  2. O titor a quen se refire para entregar as prácticas quen ven sendo, o médico co que as fas, o encargado que leva varios centros ou o encargado da xerencia?
    Gracias!

    ResponderEliminar
  3. Creo que debe haber un erro, si hai CS na provincia da Coruña

    ResponderEliminar
  4. Claro que os hai, cada libro ten varias follas (non sei se esa era a dúbida :S)

    ResponderEliminar
  5. se pueden hacer praticas durante solo 15 dias o el minimo es 1 mes?

    ResponderEliminar