lunes, 31 de enero de 2011

Chicos!! un tema!
hemos pensado que podíamos hacer una especie de seminario con Quintela esta semana para resolver dudas. El martes o el miércoles a primera hora de la tarde es cuando él puede. No sé si os interesa pero para saber más o menos cuanta gente vendría ¿podríais dejarme un comentario en esta entrada si teneis pensado venir?
Gracias!

sábado, 29 de enero de 2011

Tiroides entra no parcial de patoloxía

Cerradas as votacións - isto xa parece Eurovisión- o resultado é o que segue:

124 votos totales, dos cales:

100 prefiren que a materia entre no parcial (81%)

24 preferirían que a materia entrase no final (19%)

miércoles, 26 de enero de 2011

Mañá

Mañá, xoves 27 de Xaneiro, non haberá clase co profesor Caínzos. 

Cousas varias

Primeiro, subo a parte do Zaragoza (Física e Instrumentación Médicas. Ed. Masson-Salvat, Barcelona. 1992) necesaria para a parte de radioterapia de Vidal; isto é, en concreto, o capítulo 41: Bases físicas de la radioterapia. Recordade que poden caer preguntas de esta parte no exame. Ó final trae tamén unhas preguntas de autoavaliación. Engádovos as respostas nun arquivo anexo. Espero que vos sexa de axuda.


Segundo, aquí vos deixo a presentación de Araúxo de tiroides:



IMPORTANTE: Hai que decidir se esta materia entra ou non para o parcial. Se entrase, a parte de endocrinoloxía no exame sería: adenohipófisis, suprarrenal, hipotiroidismo e tirotoxicose. Se non, só sería a parte da Prof. Peñalva. Agora ben, tede en conta que se non o poñemos agora, téremolo que meter co resto da materia no final.



Tedes ata o venres, 28 de Xaneiro, ás 23:59, para votar.

Asimesmo, déixovos a web da que falou en clase hoxe: Thyroid Manager. Nela atoparedes múltiple información acerca da tiroides en tódolos seus aspectos (iso sí, en inglés). Esta páxina é parte dun proxecto maior chamado Endotext, que ofrece información especializada - e actualizada - sobre o sistema endocrino e a súa patoloxía. Pode ser útil para a parte da Prof. Peñalva e o que queda por vir.


Subo tamén a 2ª parte do seminario II de Farma, por cortesía de Juan Camino.

¿Onde a podedes atopar? Pois ben, con isto remato. Reorganicei un pouquiño o blog para que sexa máis fácil acceder a todo aquilo que vaiamos subindo. A partir de agora, se estades a buscar algunha cousa que se subira - fóra de avisos, etc. - podedes atopala no Limiar de Descargas.
Saudos e sorte nos exames.



martes, 25 de enero de 2011

Clase de Riestra (CAMBIOS!!)

Quedan dúas clases co Profesor Riestra: unha o mércores, en horario normal; e outra o xoves  ás 13:30 na aula do grupo II. 

lunes, 24 de enero de 2011

miércoles, 19 de enero de 2011

Clase de Vidal

Os informo de que el lunes que viene, osea 24 de enero, tenemos una clase de repaso con el profesor Vidal a las 19:30. Me comento además que antes del examen, la semana antes o así, quiere hacer un simulacro de examen, pero eso mejor lo hablamos el lunes ya en clase.
Ánimo con los examenes chicos!

lunes, 17 de enero de 2011

Exame parcial de farma

A data final do exame de farma é o 17 de marzo as 16:00.

Exame de cirurxía en Xuño


  • Ante a amplitude da vitoria da opción que dicta facer a parte de Cirurxía no final, e dada a impaciencia do profesor Caínzos, os delegados de 3º vémonos na obriga de pechar anticipadamente a votación. Entendemos que a participación é o suficientemente lexitimadora. 

viernes, 14 de enero de 2011

Examen de cirurxía.

¡Hola!
Infórmovos de que ó final o exame de cirurxía temos que facelo xunto co exame de patoloxía. Non podemos facelo a parte. Agora a cuestión e se facelo agora o 4 de febreiro ou co exame final de patoloxía.
Quédannos tres clases de cirurxía, a do xoves que ven, a do seguinte(o 27) e unha mais que teriamos que poñer en horario extra. Se facemos o exame de cirurxía co final poderían recuperarse as horas de cirurxía despois dos examenes.
Aqui vos deixo o link para que votedes:

doodle.com/97haqtwzfhamw394



jueves, 13 de enero de 2011

AVISO (II)

- Xa podedes recoller os bolígrafos e os chisqueiros do Paso para a súa venta. Poñédevos en contacto con Marina ou con Carlos, do Grupo I e eles vos informarán.

- Tamén vos informo de que xa está fixada a hora do exame de Patoloxía. Velaquí a nota que pasou o delegado do grupo II:

O parcial de Patoloxía Xeral M-C terá lugar o venres 4 de febreiro ás 17.30 nas aulas 1,2,3,6,7,8 para que deste xeito os interesados e as interesadas en facer o exame de Inglés para as becas Erasmus poidan asistir sen problemas. No caso dos interesados Erasmus do A ao L teñen exame de Inglés ás 15, polo tanto saen de Económicas e teñen tempo abondo para chegar. No caso dos que teñen iniciais do M ao Z terían que ir no turno das 17, pero extraordinariamente sería admitidos no turno das 15 dada a existencia do exame parcial de Patoloxía. Agora ben, para ser admitidos teñen que enviarme o seu nome antes de mañá xoves ás 22 da noite. Isto é, todos aqueles interesados en facer o exame cuxas iniciais se atopen entre o M e o Z, para ser aceptados no turno das 15 no canto do das 17, para así poder ir ao exame de Pato ás 17.30, teñen que enviarme o seu nome completo e DI a nosolomedicos@gmail.com antes de mañá ás 22.

miércoles, 12 de enero de 2011

AVISOS

- Mañá as 16 horas, reunión do grupo 7 de Farma.

- O xoves, ás 17:15 votarase no aula o parcial de Farmacoloxía.

- Como xa saberedes, hoxe Quintela anunciou como se distribuirán as preguntas no parcial de Pato, a saber:


Xenética e xeralidades: 20
Inmunopatoloxía e febre: 34
Oncoloxía: 10
Envellecemento: 6 (4 de Requena e 2 de Quintela)
Endocrino: 14
Cirurxía: 20
Total: 104

Estamos pendentes de falar aínda cos profesores Araúxo e Caínzos para ver que pasa con Cirurxía, que en principio non ía formar parte da materia de exame. Cando saibamos con seguridade como queda configurada a materia, confirmarémolo por aquí.

miércoles, 5 de enero de 2011

Raios

Xa tedes á vosa disposición, por cortesía de José Ignacio Cameo, o CD de raios (en formato .iso) e as imaxes. Vémonos en escasos días; que os reis sexan benévolos ;)