lunes, 18 de julio de 2011

Lista de voluntarios para a descentralización.

Déixovos a lista que elaborou a ALEM de cara á descentralización no vindeiro curso 2011/12.

Boas:

Enviámosvos no documento adxunto a lista de voluntarios actualizada a día de hoxe (incluíndo os da enquisa de fai un par de meses). Está clasificada en varias follas que se corresponden cos seguintes títulos:
- 4º CHUAC
- 4º CHUVI
- 5º CHUAC
- 5º CHUVI
- 6º CHUAC
- 6º CHUVI
- HULA (todos os cursos)
- CHOU (todos os cursos)
Revisádea e mirade se queredes facer algunha modificación ou se hai algunha errata. No caso de que atopedes algo que requira modificación enviade un correo a descentralizacionmedicina@gmail.com. Do mesmo xeito, se algún de vós se quere anotar aínda, recordade que tedes de prazo ata o día 20 de xullo e podedes facelo enviando os vosos datos (nome,apelidos, DNI), curso que faredes o vindeiro ano e lugar ao mesmo correo anteriormente citado.

Un saúdo.





martes, 12 de julio de 2011

Blog apuntes

Para os que agora pasamos a 4º, existe unha estupenda iniciativa por parte dun grupo de compañeiros e compañeiras que dun xeito totalmente desinteresado están a elaborar apuntes para todos. Agora teñen o seu propio blog:


Pásadevos por alí para saber máis acerca de eles e do que fan.

Saúdos!

Descentralización, novidades

A ver, como xa saberedes, houbo unha reunión co decano o día 30 de Xuño, para espoñernos o plan do decano para nos pasar a Bolonia. Aquí tedes o enlace para as pasarelas ou táboas de equivalencia que propón o decanato para a adaptación o EEES no 2014.


Aquí vos deixo tamén o estupendo State of the Union que fixeron os nosos compañeiros de Entérate Med:

O pouco que podemos saber sobre descentralización e paso a grao é:
- Xa están dispoñibles na web da facultade as pasarelas que se ofertan para aqueles que desexen pasarse a grao. Basicamente consisten en que o próximo curso os interesados poderán coller ademais das materias do seu curso algunha de cursos superiores para poder así adaptar o seu "curriculum" de materias co equivalente do grao e pasarse a grao no seguinte curso.
- O modelo a seguir o próximo curso é o actual (mensual) e descoñecemos ata que punto realmente se tentou dende o decanato cadrar as aulas a horarios para poder establecer a aposta estudantil ("modelo C" de 6 semanas)
- Os hospitais nos que se poderán facer prácticas o próximo curso serán os de Santiago, A Coruña, Vigo, Ourense e Lugo e estarán organizadas pola facultade e o centro. O decanato ten un compromiso ca Xunta de que non se farán prácticas "extraoficiais" en ningún outro hospital.
- Polo momento dende o decanato non nos dan información sobre o transporte en autobús á Coruña e a Vigo, pois din non ter novas do reitorado, que é dende onde se realizan as xestións (tampouco sabemos se realmente se interesaron polo tema...).
- O número de voluntarios non acada os 50 "necesarios" en ningún curso (aínda que o número é "flexible") polo que, pese ó falado previamente cando os representantes de estudantes advertimos de que esto ocorrería se non se implantaba o modelo C e se fixo caso omiso das nosas advertencias de que non queriamos estudantes obrigados, o decanato plantexa a necesidade de facer un sorteo ou de establecer un sistema para "asiganar" (é dicir, obrigar) as prazas sobrantes ata un total de 30-50 (nunca se nos di un número exacto...).

Todo o exposto anteriormente será aprobado nunha Xunta de facultade a celebrar o próximo venres 15 de xullo ás 13:00 no salón de actos da facultade, polo que pregamos a asistencia de todos os representantes de estudantes.
Ademais, se algún outro estudante desexa asistir como oínte pode dirixirse ó decanato da facultade ou a algún dos membros da equipa decanal e solicitalo.
Sentimos que a situación sexa a que é, fixemos todo o que puidemos e sempre fomos moi claros transmitindo as peticións básicas dos compañeiros pero, pese ás presións colectivas e ás nosas advertencias de que o que se nos ofrecía non facía mais ca empeorar a situación dos estudantes, dende a facultade séguese a actuar de costas ó estudantado ca tolerancia do reitorado e a estas alturas, rematado o curso e con todos dispersos nas súas casas, os representantes de estudantes temos pouco mais que facer que votar en xunta de facultade, onde somos minoría e apenas contamos con apoio de algúns profesores que se preocupan por coñecer e mellorar a nosa situación.
Un saúdo

Cubanos retornados

A vel, mis amoles... tedes a vosa disposición unha conta en Picasa para subir as vosas fotos de xeito colectivo. Xa sei que nun principio falaramos dun Flickr, pero ese servizo ten un límite de subida de 100 Mb ó mes, mentres que Picasa ten un limite de 1 Gb, co que nos da bastante máis xogo. Eu creo que o ideal sería que cada un, ó subir as súas fotos, faga un álbum co seu nome, de tal xeito que saibamos quen estamos a contribuir. 

Tedes que acceder eiquí:


O usuario é fotoscuba2011@gmail.com
O contrasinal está no evento.

Déixovos un tutorial:




Vou espurgar o blog das entradas dos últimos días con todo o relativo o bus e a viaxe. Nestes días que estivemos fóra houbo unha chea de novidades que máis pronto que tarde subiremos o blog.

Saúdos,

Adrián