jueves, 30 de diciembre de 2010

EXAME DE FARMACOLOXÍA

Está aberta a votación para o parcial de Farmacoloxía. Pódedes escoller entre a primeira ou a segunda quincena de Marzo. Despois concretaremos unha data mediante unha nova votación. Por favor, avisade por aí.

Tamén cabe mencionar que o profesor Caínzos ofrécenos dúas posibilidades con respecto á materia de Cirurxía: por unha parte, podemos examinarnos de ela nos exames ordinarios de Patoloxía (no parcial e no final) ou podemos realizar un exame extraordinario só de Cirurxía nunha data que escollamos para liberar esa materia por separado. Hai aspectos que aínda temos que discutir co profesor, pero que isto vos serva de nota informativa para que vaiades pensando que preferides.

Un saúdo e feliz ano.

sábado, 18 de diciembre de 2010

Gestal, novo decano.

Onte escolleuse o novo decano da facultade, Juan Gestal Otero, catedrático de Medicina Preventiva, que se impuxo á Antonio Crespo Abelleira por 104 votos a 74.


Os vicedecanatos pasan a estar ocupados por:

Víctor Arce (Vicedecano de Básicas)
José Carreira (Vicedecano de Clínicas)
Inma Tomás (Vicedecana de Odontoloxía)


A secretaría da facultade pasa a estar ocupada por Luís Lima.


Aquí a noticia na Voz de Galicia.
Aquí no Correo Gallego.  Ademais, unha entrevista.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Parcial Patoloxía

Os resultados das votacións para o parcial de patoloxía.

Número de votos: 115


4 de Febreiro: 99
8 de Febreiro: 14
3 de Febreiro: 2



Dado que os resultados son os mesmos que no outro grupo, a data do exame queda fixada para o día 4 de Febreiro, en principio.


A LISTAXE DEFINITIVA É ESTA. En canto aqueles que aparecen mencionados no artigo anterior, é dicir:

 da Silva Pinto, Filipa
 
de la Ossa Osorio, Monica

Figueiredo e Sousa, Nuno Filipe


García Cabanas, Noemia


Grueiro González, María del Carmen

Incluiranse nun anexo ó documento, de tal xeito que aparezan nas listas. Aínda así, sería mellor que falaran co departamento de Medicina máis adiante - se queren, claro - para darlle os DNIs.

Falando de cousas un poco máis alegres, infórmovos de que a filla de Luís, o da cafetería, está a participar nun concurso no Luar da TVG, así que aquí vos deixo un cartel informativo que me pediron que subira:



 


¡Moita sorte a ela e tamén a todos os que estades (estamos) con recuperacións i exames varios!




domingo, 12 de diciembre de 2010

GRUPO 3 (FARMA)

El martes, 14 de Diciembre, a las 16:30 habrá una reunión en clase para repartirse el trabajo y organizar el seminario.

sábado, 11 de diciembre de 2010

AVISOS

Primeiro, tedes á vosa disposición as listas para o parcial na porta da clase, na facultade. Alí podedes escoller a data que mellor vos parece, xa sexa das propostas ou unha que vós suxirades. Tedes ata o mércores, 15 de Decembro.

Segundo, para aqueles que se apuntaron na lista do grupo II: OS VOSOS NOMES SERÁN ELIMINADOS DE ESA LISTA. Os nomes que me dou o delegado da outra clase que non constan na nosa lista son:


da Silva Pinto, Filipa
 
de la Ossa Osorio, Monica


de Oliveira Matos Gonçalves, André Augusto

Figueiredo e Sousa, Nuno Filipe

García Cabanas, Noemia

Grueiro González, María del Carmen

Guerra Lima Dias, Adriana  APUNTADA


Se figurades entre eles - ou os coñecedes - dicídelles que se poñan en contacto comigo a través dun e-mail. De momento, e isto non é broma, non están apuntados en ningunha das listas para o parcial. Xa avisei do que pasaría coas duplicidades. Polo de agora, non teño de xeito oficial os seus datos, así que, a efectos, non constan. Teñen ata o mércores que vén.


Saúdos.

domingo, 5 de diciembre de 2010

jueves, 2 de diciembre de 2010

FIN DE PRAZO INSCRIPCIÓN EXAME DE PATO

O VENRES DÍA 3 (ÁS 00:00, É DICIR CANDO REMATE O DÍA) DE DECEMBRO REMATA O PRAZO PARA APUNTARSE NAS LISTAS PARA O PARCIAL DE PATOLOXÍA.

DESPOIS PUBLICARASE UNHA LISTA PROVISIONAL NO BLOGUE E NA PORTA DE CLASE, NA FACULTADE. SE ALGUÉN NON APARECE NELA, QUE NOS ENVÍE OS SEUS DATOS NUN CORREO.
 

martes, 30 de noviembre de 2010

CLASE SOUTO

Aviso: o xoves teremos clase ás 16:30 co profesor Souto.

Recórdovos que tedes a vosa disposición o Atlas de imaxe cardiotorácica e os apuntamentos aquí.

viernes, 26 de noviembre de 2010

REUNIÓN GESTAL

Pásovos un aviso dos delegados de 6º:

Hola, compañeros.
Como ya os habíamos comentado (a la mayoría de vosotros), el Profesor Gestal (Med. Preventiva) nos ha propuesto tener una reunión con él, para hablar de la problemática del alumnado, y para, supongo, adelantarnos parte de sus intenciones si finalmente consigue el puesto.

Esta reunión sería el próximo lunes, 29 de noviembre, a las 18.30h en el Aulario Novoa Santos (Seminario 6).

Saludos.




--
DELEGADOS 6º
Javier Camiña Muñiz
Adrián Martínez Salgado

lunes, 22 de noviembre de 2010

Para os alumnos do 2º Ciclo

Podédesvos apuntar con absoluta liberdade, da igual o voso apelido, na lista para o parcial de Pato no noso blogue. Quintela dixo que non hai problema, polo que se vos resulta máis cómodos estades invitados a facelo. O que sí que vos pido é que evitedes as duplicidades, por favor. Se vos apuntades na lista do grupo I non o fagades na do grupo II e viceversa.

martes, 16 de noviembre de 2010

Recordatorio da Comisión de Festas

Dende a comisión de festas pídenme que vos recorde que tedes á vosa disposición as listas para apuntarvos e solicitar dende xa os kits e fonendos. As listas recolléranse o venres.

Recordarvos que os prezos son os que seguen:

Fonendo... 90€

               dispoñíbel en: negro, granate, azul marino, verde escuro, gris, chocolate, verde pino, azul ceo, violeta, frambuesa, azul caribe, verdemar, laranxa "butano", rosa, rosa perla, azul océano e melocotón.

Kit (martelo, diapasón, lanterna)... 30€ 
Martelo... 7€
Diapasón... 20€
Lanterna... 3€


Recursos: Subo uns apuntamentos acerca da exploración dos pares craneais.

PREMIO FONSECA 2010

Mozos e mozas, 

Póñome en contacto convosco para informarvos de que o próximo xoves, día 18, entregárase o Premio Fonseca 2010, que este ano recaeu en David Attenborough. Se sodes fans da natureza, coñoceredes o destacado labor que Sir David ten realizado pola mesma en tódolos seus ámbitos: como narrador, periodista, ecoloxista... É unha oportunidade única de ver en persoa a un dos mellores divulgadores científicos dos nosos tempos. Recoméndovos a súa incríbel última serie, Planeta Terra, así como a súa excepcional biografía, Life On Earth que, desgraciadamente, aínda non está editada en castelán.


Vémonos alí :)

domingo, 14 de noviembre de 2010

AVISO

Mañá, ás 20:30, temos unha hora extra co Profesor Vidal que, se todo vai ben, dará por rematada a súa parte da materia (a excepción dunha clase de repaso que impartirá en Xaneiro).

Recordade que tendes a folla de exame dispoñíbel aquí

SEMINARIOS DE FARMA

Aquí tedes parte do seminario de Interaccións Farmacocinéticas impartido o día 5/11 polas nosas compañeiras. Dende aquí querémoslle dar as gracias a Alba Ayaso por enviárnolo e pedirlle perdón pola tardanza en subilo.



Se queredes enviarnos os vosos seminarios, para que queden a disposición dos vosos compañeiros/as, recordade que a nosa dirección é: medicinagrupouno@gmail.com

Por certo, se non vos vai algún dos arquivos, recomendámosvos a suite ofimática OpenOffice, gratuita, que o abre (case) todo.

jueves, 11 de noviembre de 2010

RADIOLOXÍA

Tras ser revisado o calendario de prácticas de 3º curso por indicación de uns alumnos, detectouse un erro nas prácticas de Radioloxía, nas que os grupos 35-36 e 39-40 tiñan unha práctica de máis. Envíovos un novo calendario de prácticas modificado e corrixido.

Os cambios que se fixeron son os seguintes:

- Queda anulada a práctica dos grupos 35 e 36 do 15 de novembro.

- Queda anulada a práctica dos grupos 39 e 40 do 17 de novembro.

FISIOLOXÍA I

Fisiología Xeral 1º (Plan antiguo)

El viernes 17 de diciembre de 2010, a las 17:00 h. en las aulas 4, 5 y 6, se realizará un parcial voluntario de la siguiente materia:

1. Medio interno y comunicación intercelular (20 preguntas)
2. Membrana y bioelectricidad. Fisiología neurona y músculo (25 preguntas)

Serán 45 preguntas tipo test, con 5 respuestas posibles, siendo solamente 1 correcta. Pregunta acertada 1 punto, pregunta errónea -0,5 puntos. Se aprueba con 5 puntos sobre 10. Se necesita tener un mínimo de 3,5 puntos en cada parte para compensar.

Prof. Román Pérez Fernández
Coordinador de la asignatura

lunes, 8 de noviembre de 2010

AVISO

Mañá teremos clase co profesor Vidal ás 20:30

Déixovos tamén a folla de exame coa que traballaremos na clase.

domingo, 31 de octubre de 2010

sábado, 30 de octubre de 2010

Patoloxía + Microbioloxía

Deixámosvos a presentación do Dr. Paredes sobre Hemorraxia, hemostasia e transfusión. 

Tamén vos deixamos unha serie de preguntas dos exames da virtual de Microbioloxía.

Esperamos que vos sexan de axuda :) 


PD: Veredes que engadimos un pequeno reprodutor de música. Admítense toda clase de suxerencias :)

IMPORTANTE



Chicos, esta é una de esas cousas polas que paga a pena deterse un segundo e colaborar (non todo na vida vai ser Patoloxía, ¿non?). O vindeiro 10 de Novembro, Estudantes Sen Fronteiras (ESF), realizará, como xa é tradición, o almorzo solidario. Como sabedes, a idea é que cada un aporte o seu pouquiño (un biscoito, unhas galletas) para así chegar a conseguir un moito (axudar coa súa venta a que os nenos hospitalizados poidan ir de viaxe a Disneylandia).



 A VOSA COLABORACIÓN PODE AXUDAR A FACER A UN NENO QUE O PRECISA SORRIR.

jueves, 28 de octubre de 2010

LISTA PARA O PARCIAL DE PATOLOXÍA

Araúxo pediu que lle enviaramos unha lista de aqueles que queiran realizar o parcial. Cremos que o xeito máis sinxelo é realizar isto a través da web. Por favor, recordade que esta lista é para alumnos do Grupo I (A-L). O prazo é todo o mes de Novembro.

REUNIÓN DO PASO, TÓDALAS COMISIÓNS

MAÑÁ, AS 20:30, IMPORTANTE REUNIÓN DO PASO DE ECUADOR... PARA TÓDALAS COMISIÓNS.

miércoles, 27 de octubre de 2010

Seminario Endocrinoloxía

Subo o Seminario de Endocrinoloxía que deu o doutor Peinó.

EXAMEN FISIO 1

O exame parcial de Fisio I queda para o día 17 de DECEMBRO (sí, sí, decembro) ás 17:00. O exame pórao a cátedra do Dr. Canedo.

viernes, 22 de octubre de 2010

MICROBIOLOXÍA

Recordade que tedes dispoñibles na virtual os exames e o traballo de Microbioloxía de autoavaliación e que debedes completalos antes de este luns (25/10)


EDITADO: Tedes até o 27/10 para completalos, xa que debido a problemas na virtual, houbo quen non pudo realizar os exercicios.

miércoles, 20 de octubre de 2010

AVISOS

ANATOMÍA CLÍNICA: Recuperaremos a clase do luns día 11 - que perdemos pola ponte - MAÑÁ (21/10), ÁS 16:30 
COMISIÓN DE CICLOS DO PASO: haberá unha reunión informativa o luns (25/10) ás 15:45 na aula 4.

CANCELADO SAN LUCAS


Pois ó final non vai poder ser. Nun xesto que só se pode interpretar como rastreiro e nauseabundo por parte do equipo decanal, ése que taaaaaaaaaaaaan ben nos trata e nos segue a tratar, ése que xestionou Boloña coma se nos estivera a extorsionar; ese equipo decanal acaba de retirarnos os permisos para realizar a festa. Copio e pego o comunicado:

"El equipo decanal de la Facultad de Medicina se ha echado atrás en la concesión del permiso para celebrar el patrón de la facultad. Teniendo todo organizado (conciertos, focos, baños portátiles, escenario, suministros…) y habiendo conseguido ya los patrocinadores, han comenzado a poner excusas, una tras otra, dándonos largas durante dos días, para acabar por decir HOY, un día antes del evento, que no autorizan la celebración.

Pedimos disculpas por todo el revuelo generado en torno a este asunto y esperamos comprensión por parte de todos.


Un saludo,
Paso de Ecuador 2011"

PD: As opinións de arriba son miñas - Adrián - dígoo por se a alguén lle parecen mal. Sentídevos libres de expresarvos nos comentarios como queirades.

martes, 19 de octubre de 2010

ATENCIÓN

MAÑÁ NON HAI SEMINARIOS DE PATOLOXÍA (GRUPOS DO 1-11) 

AVISADE, POR FAVOR, QUE AVISANDO A  ESTAS HORAS DA NOITE (ACABA DE MANDARNOS UN MAIL ARAÚXO), MÁIS DE UN VAISE ERGUER PARA NADA.

TWITTER E FACEBOOK

A partir de agora, podédesnos atopar tamén en Twitter. Esta rede social permitiravos estar ó día das novidades do blogue ó momento e dun xeito máis sinxelo. así mesmo, podédelo configurar para recibir os avisos no móbil.

Do mesmo xeito, tamén nos podedes atopar en Facebook, a maior rede social, dende a que poderedes seguir as actualizacións do blogue en tempo real. Tamén alí poderedes configurar a vosa conta de tal xeito que as novidades vos cheguen ó momento.

Esperamos que vós facilite o uso do blogue e seguiremos tentando melloralo para que cousas coma o das prácticas de Patoloxía non volvan a ocorrer.

domingo, 17 de octubre de 2010

SAN LUCAS - CARTEL

Seminarios de PATOLOXÍA

Déixovos aquí o material dos seminarios de Patoloxía que se ten exposto no Hospital. Dado que, segundo se supón, van ser os mesmo para todos nós, pode que os atopedes útiles. 



Seminario de Semioloxía Cardiovascular


¡Gracias a Vea Castiñeiras por enviárnolos!

LISTADO DO PASO DE ECUADOR

A Xunta Directiva é a que segue:

1)TESOUREIRA: Isabel Fernández Castro
2)RESPONSÁBEL DE COMUNICACIÓN: Anxo Teixeiro (nosolomedicos@gmail.com)
3)PRESIDENTA DA COMISIÓN DE FESTAS: Tania Salgado
4)PRESIDENTE DA COMISIÓN DE VENDAS: Hadrián Pernas
5)PRESIDENTE DA COMISIÓN DE CICLOS: Pablo Fernández Fraga (pff_1990@hotmail.com)
6)PRESIDENTE DA COMISIÓN DE VIAXE: Roi Ogando (roy_og9@hotmail.com)
7)COORDINADORA TESOURERÍA-COMISIÓNS: Olalla Janeiro (podédesvos pór en contacto con ela mediante o e-mail do blog)
En canto ós que vos apuntachedes para ir nalgunha das comisións, tedes as listas completas aquí:
As listas subiunas Roi, do grupo dous. O enlace está sacado do seu blog (http://nonsomedicos.wordpress.com). Se tedes algunha dúbida -ó parecer, certos nomes non se lían con claridade, polo que pode que algún de vós non esteades listados- contactade con el (o seu e-mail téndelo listado arriba - roy_og9@hotmail.com -) 
¡A traballar porque este sexa o mellor paso de todos!

¡¡¡¡¡SAN LUCAS!!!!!

¡¡¡ESTE XOVES CELEBRAMOS O PATRÓN DA FACULTADE!!!

Copio e pego o que se dixo até o de agora:

"Con motivo de celebrar la fiesta del patrón de la facultad de Medicina, San Lucas, el próximo jueves día 21 organizamos una fiesta en el jardín trasero de la facultad, al lado de la cafetería. Contaremos con la actuación de 4 grupos musicales y tendremos bar con alcochol a buen precio además de bocadillos!!!La fiesta empezará por la tarde y se alargará hasta bien entrada la madrugada!!Esperamos que venga mucha gente así que animaos a venir y decidselo a vuestros amigos!!

Os dejo aquí los precios de nuestro bar:

cerveza 1 euro
licor cafe 2 euros
litro de calimocho 2,5 
cubatas 3, si pides 2 te salen por 4 euros!




Estos son los grupos con los que contaremos:

- All Less One (hard rock, pontevedra) www.myspace.com/alllessone
- The Inspectors (rock, a guarda) www.myspace.com/theinspectorsmusic
- The Noisers (punk/rock, pontevedra) www.myspace.com/thenoisersband
- Sinestesia (blues, compostela) www.myspace.com/sinestesia3 "

viernes, 15 de octubre de 2010

IMPORTANTE: NÚMERO DE CONTA PARA O PASO DE ECUADOR

Para aqueles que participen no paso:

A tesoureira (Isabel) xa abriu a conta dende a que xestionaremos os fondos. Como saberedes se acudichedes a algunha das reunións, para poñer a maquinaria a funcionar pidésenos unha contribución inicial de 20€. 

Estes cartos servirán para mercar comida e bebida para a celebración de San Lucas (o próximo xoves 21), financiar ciclos, etc.  Ben, sen máis tardanza, os datos da cuenta son os que seguen:

Entidade:
Caixanova

Nº de conta: 

2080 0091 74 0040004159

Concepto: 

Ingreso Inicial 3º


POR FAVOR, SE PODEDES, REALIZADE O INGRESO ANTES DO MARTES 19. DADE O VOSO NOME E ÁMBOLOS DOUS APELIDOS.



jueves, 14 de octubre de 2010

Engadido á sección de Descargas:

Acabamos de engadir á nosa sección de descargas o tema 62 do 'Harrison Medicina Interna'. Este é o tema que Araúxo dixo que empregaramos para o estudo destes temas de xenética médica que está a impartir. Se precisades o libro completo, podédelo atopar aquí. Tamén incluímos un enlace para o Murray de Microbioloxía Médica. 

Esperamos que vos serva de axuda :)

miércoles, 13 de octubre de 2010

IMPORTANTE: ¡¡¡¡¡¡CALENDARIOS DE PRÁCTICAS!!!!!

Aquí tendes os horarios para TÓDALAS PRÁCTICAS DO CURSO excepto as de Microbioloxía, que aínda están sen fixar. OS GRUPOS SON OS MESMOS QUE PARA PATOLOXÍA.


Recordade que as prácticas ten lugar en:


- Patoloxía: onde vos corresponda (consultade as listas aquí)
- Psicopatoloxía: por determinar. Se alguen sabe algo máis, por favor, que nos informe :)
- Farmacoloxía: nos laboratorios.
- Radioloxía: Planta -3 do CHUS, no Aula Clínica do Servizo de Radiodiagnóstico.

FISIOLOXÍA I

Aqueles de vós que teñades pendente Fisio I e queirades que vos examine o profesor Otero debedes de vos apuntar na lista que atoparedes na clase. En caso de non facelo, examináravos a cátedra que vos corresponde: é dicir, a última que impartiu docencia da materia, a do Dr. Canedo.

ATENCIÓN:RECUPERACIÓN DE CLASES

A clase de Microbioloxía correspondente ó pasado luns (11/10/2010) terémola MAÑÁ (14/10) ÁS 16:30.

sábado, 9 de octubre de 2010

Listas de Patoloxía (Definitivas)

Aquí tendes os grupos de Patoloxía tal é como quedaron despois de que vos anotárades os que faltábades.


¡Que pasedes unha boa ponte!

¡Comezamos!

¡Hola a todos e todas!

Terceiro é un ano lioso... pero tamén moi entretido. O paso de ecuador e a patoloxía son un bo reflexo deste feito, a cara e a cruz deste curso. É por iso que decidimos abrir este blog, para facilitar a organización do primeiro e aliviar a carga da segunda. Aquí atoparedes tódolos avisos e información que poidades necesitar: fechas de exames, apuntamentos, festas e trangalladas varias.

Esperamos que vos sexa de axuda,

Olalla e Adrián