jueves, 30 de diciembre de 2010

EXAME DE FARMACOLOXÍA

Está aberta a votación para o parcial de Farmacoloxía. Pódedes escoller entre a primeira ou a segunda quincena de Marzo. Despois concretaremos unha data mediante unha nova votación. Por favor, avisade por aí.

Tamén cabe mencionar que o profesor Caínzos ofrécenos dúas posibilidades con respecto á materia de Cirurxía: por unha parte, podemos examinarnos de ela nos exames ordinarios de Patoloxía (no parcial e no final) ou podemos realizar un exame extraordinario só de Cirurxía nunha data que escollamos para liberar esa materia por separado. Hai aspectos que aínda temos que discutir co profesor, pero que isto vos serva de nota informativa para que vaiades pensando que preferides.

Un saúdo e feliz ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario