viernes, 30 de septiembre de 2011

Blog do HULA

Déixovos aquí o link do blog que creou a delegada de Lugo, Raquel, para tratar os asuntos do HULA:

http://medicinahula.blogspot.com/

Prácticas psiquiatría

Recibín un correo da profesora Madó, coordinadora das prácticas de psiquiatría coa seguinte información:
A profesora xa retirou dos grupos 24 a 27 (que son os que empezan esta semana) ós alumnos que xa figuran aprobados nesta materia o curso pasado. Nesta fin de semana preparará o resto dos grupos e o Luns estarán todos no Edificio Docente Novoa Santos colgados no taboleiro de anuncios e tamén os publicarei eu no blog.
Un saludo
Olalla
 

martes, 27 de septiembre de 2011

Prácticas Coruña

Os estudantes que fan as prácticas na Coruña deben levar o primeiro día unha fotocopia do DNI e unha foto de carné necesarias para os carteis que ides colocar nas batas.

Novas Vigo Lugo e Ourense

Mensaxe de ALEM:

Boas

Hoxe Montse reuniuse co Decano que a informou de:
- En Vigo o tema do coordinador está arranxado e continuará como tal o
Dr. Martínez Vázquez.
- Xa tiveron unha reunión o Decano e o Comisionado de CC da Saúde da
USC con docencia de Ourense e mañá terana con docencia de Lugo.
- O xoves haberá unha reunión entre xefes de departamento e docencia
dos hospitais para intercambiar informacióin (programa, criterios de
avaliación...etc).

Así, agardamos que o venres poda quedar todo mais ou menos organizado
para que o luns comecen as prácticas con normalidade, excepto "flecos"
que se deban arranxar cos propios alumnos no propio hospital.



Ademais, para facilitar a organización e a comunicación entre os
estudantes e os centros son necesarios voluntarios para exercer,
alomenos provisionalmente, como "delegados de hospital", polo que se
necesita unha persoa por curso e hospital.



No noso curso xa temos algúns delegados:


Lugo: Raquel Gómez Méndez
Ourense: Alberto Fernández


Pero preciso dous voluntarios para A Coruña e para Vigo. E é urxente. Veña animádevos que non é moito traballo e é moi necesario para todos. Os voluntarios que mo digan a través do correo deste blog ou deixando un comentario.


Gracias. 


Un saúdo,


Olalla

lunes, 26 de septiembre de 2011

Novas sobre Vigo Lugo e Ourense

Mensaxe de ALEM:


Boas

Como moitos xa saberedes, o proceso de alegacións á descentralización rematou (salvo casos particulares) polo que xa se fixeron os grupos de prácticas para o CHUS e están (ou deberían estar pronto) en mans dos delegados para que os fagan públicos. Sabemos que no CHUAC tamén están traballando na organización das prácticas.

Os problemas atopámolos en Vigo, Ourense e Lugo.

- En Vigo o coordinador de docencia dimitiu por descontento ca xestión feita dende a facultade e a USC, polo que a situación está "no aire". Unha compañeira e unha delegada están a levar o tema para tentar chegar a bo porto esta semana.

- En Lugo o coordinador asume ós estudantes pese a sentirse desatendido pola facultade, pero non ten novas do decanato así que dúas compañeiras están a traballar no tema para tentar organizar as prácticas.

- En Ourense estaban simplemente á espera de información de Santiago, que polo momento non chegou, polo que uns compañeiros están a traballar tamén na organización.

Así, a situación resúmese en que en Vigo, Lugo e Ourense somos os estudantes os que estamos a mediar entre facultade e hospital e os que temos que facilitar a información necesaria para a organización das prácticas, e todo esto a menos dunha semana para o comezo do curso.
Por varias frontes estamos a "informar" ó decanato do que acontece (por se non eran conscientes...) e agardamos a súa máxima colaboración para facer nunha semana o traballo que debía estar feito moito antes.

Non vos asustedes nin desesperedes (porque cabreados supoño que xa estaredes), estamos facendo todo o posible por arranxar o tema canto antes.
Ben rapaces, por fin está feito o calendario de prácticas. É o seguinte:


http://www.mediafire.com/?8hpurhr56tyyw5z


En canto ós grupos de prácticas debo dicirvos que ó final tiven que facer grupos de 5 a 7 persoas e que non vos avisei antes porque non o souben ata estos últimos días. Os que me enviaron o seus nomes formando grupos permanecen xuntos como poderedes ver pero pode que se engadira algunha persoa o seu grupo.
A xente que non me enviou ningún correo dicindo a qué grupo de prácticas pertence foi distribuída nun dos grupos ó azar.

Os estudantes que non esten dacordo co seu grupo de prácticas poden cambiarse de grupo no decanato da facultade. Deberán dirixirse a Manuel Lareo e él vos colocará nun novo grupo.

Os estudantes que non aparezan en ningún dos grupos deben ir apuntarse no mesmo lugar.

Os estudantes que non vos vaiades matricular en todas as asignaturas con prácticas que aparecen no horario de prácticas tamén debedes ir a decanato e informar das práticas ás que ides asistir e ás que non.

Tedes como día límite para apuntarvos , cambiarvos de grupo ou borrarvos das materias que non ides cursar este Xoves 29 de Setembro xa que o Luns comezan ás clases.

Estos son os grupos de prácticas ( xa corrixidos os errores de onte) :


http://www.mediafire.com/?p6x6s3w7j9nbk4r



Iso é todo.
Un saudiño!
Olalla

martes, 20 de septiembre de 2011

Delegados A Coruña-Vigo-Ourense-Lugo

Hola rapaces!
Este ano xa non vou ser eu a delegada de todo o curso en referencia ás prácticas porque cada hospital leva o seu horario. Así que preciso catro delegados , un para cada hospital que non sexa o CHUS, que se encargen de organizar as prácticas no seu hospital y que sexan o medio de contacto do alumnado cos profesores e cos delegados dos outros hospitais.
Aquel que se ofreza voluntario que o escriba aquí nun comentario ou que fale comigo.
Graciñas.
Un saúdo,
Olalla

Congreso de hidroloxía médica

Precio: 30 euros
Día: 22 de Setembro
Os cartos deben ingresarse na seguinte conta bancaria:

2080 5252 97 3040035425   NOVACAIXAGALICIA.

E hay que facer a inscripción na página web termatalia@termatalia.com. Ó facer a inscripción, os que queiran ir en bus deben marcar en "opcións" que queren ir en bus, ou ben chamar ó teléfono:             +34988366030      ,
O autobús saíra de diante da facultade ese día 22 ás 08.15 h. 
É preciso adxuntar no congreso o xustificante de pago.
Comida e autobús van incluídos no precio.

Acudir daravos un crédito de libre configuración.

sábado, 17 de septiembre de 2011

Presentación prácticas CHUAC


Para los descentralizados en Coruña:
Nos informa Cati, delegada de Coruña, de que la presentación de las prácticas allí tendrá lugar el día 3 de octubre a las 9.00 de la mañana en el salón de actos, que está en la 4ª planta del CHUAC.
Un saludo.

viernes, 16 de septiembre de 2011

Novas

Para empezar debo dicirvos que xa respostei a todos os correos que recibín sobre os grupos de prácticas. Se alguen non rebibiu resposta quere dicir que non me chegou o correo así que volvédeo enviar por favor.


Agora outras novas:


O día 7 de Outubro haberá no aulario unha charla de Médicos sin Fronteras de 1 hora aproximadamente de duración sobre a súa labor en África, as enfermidades que están tratando alí, etc. A conferencia será cara o mediodía.


O día 22 de Setembro hay un congreso de hidroloxía médica que será en Ourense e da créditos. É gratis, poñen un autobús dende a facultade ata Ourende, comida incluída, ensínannos as instalacións de Termatalia, asistimos ás ponencias e traennos de volta a Santiago.
Os interesados sabede que pronto porei unha lista para que vos apuntedes.


Iso e todo.
Olalla





lunes, 12 de septiembre de 2011

Boas,
Infórmovos de que aínda non contestei a ningún correo sobre os grupos de prácticas, empezarei hoxe.
Copio e pego a continuación un correo de ALEM con novas.


Boas

A punto de comezar o curso informámosvos das novidades que van xurdindo:

- O número de créditos para pasar de ciclo pasou do 75% ó 50%, é dicir, para pasar de ciclo é necesario ter aprobados 104,5 créditos troncais.

Para as materias en proceso de extinción sen dereito a docencia, dispoñemos de 4 convocatorias en 2 anos (o 1º ano no que desaparece a materia e o seguinte), sen prexuizo do número de convocatorias esgotadas anteriormente. Ademais, a convocatoria de setembro dará dereito a dúas oportunidades de exame, o exame ordinario mais un exame de recuperación para os que suspendan o exame ordinario, e a nota desa convocatoria será a da recuperación. O calendario de recuperacións fixarase durante o que resta de 2011 e farase contando co criterio dos delegados.

- O próximo día 20 de setembro haberá unha reunión de delegados co vicedecano de docencia clínica (Prof. Carreira) para organizar os grupos e o calendario exacto de prácticas en todos os hospitais acreditados, polo que a partir desa data se coñecerán todos os datos e datas das prácticas.

- Como moitos de vós xa saberedes, a USC decidiu suspender o servizo de bus gratuíto para as prácticas na Coruña e Vigo alegando a súa baixa utilización. En contra do que algúns medios din que dixo o Sr. Decano, queremos deixar claro que esa foi unha decisión unilateral que en ningún momento contou co apoio nin coñecemento dos representantes de estudantes, que o que solicitaban era unha adecuación do transporte ás necesidades dos estudantes e eso en ningún momento pasa pola eliminación do servizo. Os representantes de estudantes enterámonos da nova pola prensa e agardamos ter proximamente unha aclaración por parte da equipa decanal e/ou reitoral.