lunes, 12 de septiembre de 2011

Boas,
Infórmovos de que aínda non contestei a ningún correo sobre os grupos de prácticas, empezarei hoxe.
Copio e pego a continuación un correo de ALEM con novas.


Boas

A punto de comezar o curso informámosvos das novidades que van xurdindo:

- O número de créditos para pasar de ciclo pasou do 75% ó 50%, é dicir, para pasar de ciclo é necesario ter aprobados 104,5 créditos troncais.

Para as materias en proceso de extinción sen dereito a docencia, dispoñemos de 4 convocatorias en 2 anos (o 1º ano no que desaparece a materia e o seguinte), sen prexuizo do número de convocatorias esgotadas anteriormente. Ademais, a convocatoria de setembro dará dereito a dúas oportunidades de exame, o exame ordinario mais un exame de recuperación para os que suspendan o exame ordinario, e a nota desa convocatoria será a da recuperación. O calendario de recuperacións fixarase durante o que resta de 2011 e farase contando co criterio dos delegados.

- O próximo día 20 de setembro haberá unha reunión de delegados co vicedecano de docencia clínica (Prof. Carreira) para organizar os grupos e o calendario exacto de prácticas en todos os hospitais acreditados, polo que a partir desa data se coñecerán todos os datos e datas das prácticas.

- Como moitos de vós xa saberedes, a USC decidiu suspender o servizo de bus gratuíto para as prácticas na Coruña e Vigo alegando a súa baixa utilización. En contra do que algúns medios din que dixo o Sr. Decano, queremos deixar claro que esa foi unha decisión unilateral que en ningún momento contou co apoio nin coñecemento dos representantes de estudantes, que o que solicitaban era unha adecuación do transporte ás necesidades dos estudantes e eso en ningún momento pasa pola eliminación do servizo. Os representantes de estudantes enterámonos da nova pola prensa e agardamos ter proximamente unha aclaración por parte da equipa decanal e/ou reitoral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario