martes, 30 de noviembre de 2010

CLASE SOUTO

Aviso: o xoves teremos clase ás 16:30 co profesor Souto.

Recórdovos que tedes a vosa disposición o Atlas de imaxe cardiotorácica e os apuntamentos aquí.

viernes, 26 de noviembre de 2010

REUNIÓN GESTAL

Pásovos un aviso dos delegados de 6º:

Hola, compañeros.
Como ya os habíamos comentado (a la mayoría de vosotros), el Profesor Gestal (Med. Preventiva) nos ha propuesto tener una reunión con él, para hablar de la problemática del alumnado, y para, supongo, adelantarnos parte de sus intenciones si finalmente consigue el puesto.

Esta reunión sería el próximo lunes, 29 de noviembre, a las 18.30h en el Aulario Novoa Santos (Seminario 6).

Saludos.




--
DELEGADOS 6º
Javier Camiña Muñiz
Adrián Martínez Salgado

lunes, 22 de noviembre de 2010

Para os alumnos do 2º Ciclo

Podédesvos apuntar con absoluta liberdade, da igual o voso apelido, na lista para o parcial de Pato no noso blogue. Quintela dixo que non hai problema, polo que se vos resulta máis cómodos estades invitados a facelo. O que sí que vos pido é que evitedes as duplicidades, por favor. Se vos apuntades na lista do grupo I non o fagades na do grupo II e viceversa.

martes, 16 de noviembre de 2010

Recordatorio da Comisión de Festas

Dende a comisión de festas pídenme que vos recorde que tedes á vosa disposición as listas para apuntarvos e solicitar dende xa os kits e fonendos. As listas recolléranse o venres.

Recordarvos que os prezos son os que seguen:

Fonendo... 90€

               dispoñíbel en: negro, granate, azul marino, verde escuro, gris, chocolate, verde pino, azul ceo, violeta, frambuesa, azul caribe, verdemar, laranxa "butano", rosa, rosa perla, azul océano e melocotón.

Kit (martelo, diapasón, lanterna)... 30€ 
Martelo... 7€
Diapasón... 20€
Lanterna... 3€


Recursos: Subo uns apuntamentos acerca da exploración dos pares craneais.

PREMIO FONSECA 2010

Mozos e mozas, 

Póñome en contacto convosco para informarvos de que o próximo xoves, día 18, entregárase o Premio Fonseca 2010, que este ano recaeu en David Attenborough. Se sodes fans da natureza, coñoceredes o destacado labor que Sir David ten realizado pola mesma en tódolos seus ámbitos: como narrador, periodista, ecoloxista... É unha oportunidade única de ver en persoa a un dos mellores divulgadores científicos dos nosos tempos. Recoméndovos a súa incríbel última serie, Planeta Terra, así como a súa excepcional biografía, Life On Earth que, desgraciadamente, aínda non está editada en castelán.


Vémonos alí :)

domingo, 14 de noviembre de 2010

AVISO

Mañá, ás 20:30, temos unha hora extra co Profesor Vidal que, se todo vai ben, dará por rematada a súa parte da materia (a excepción dunha clase de repaso que impartirá en Xaneiro).

Recordade que tendes a folla de exame dispoñíbel aquí

SEMINARIOS DE FARMA

Aquí tedes parte do seminario de Interaccións Farmacocinéticas impartido o día 5/11 polas nosas compañeiras. Dende aquí querémoslle dar as gracias a Alba Ayaso por enviárnolo e pedirlle perdón pola tardanza en subilo.



Se queredes enviarnos os vosos seminarios, para que queden a disposición dos vosos compañeiros/as, recordade que a nosa dirección é: medicinagrupouno@gmail.com

Por certo, se non vos vai algún dos arquivos, recomendámosvos a suite ofimática OpenOffice, gratuita, que o abre (case) todo.

jueves, 11 de noviembre de 2010

RADIOLOXÍA

Tras ser revisado o calendario de prácticas de 3º curso por indicación de uns alumnos, detectouse un erro nas prácticas de Radioloxía, nas que os grupos 35-36 e 39-40 tiñan unha práctica de máis. Envíovos un novo calendario de prácticas modificado e corrixido.

Os cambios que se fixeron son os seguintes:

- Queda anulada a práctica dos grupos 35 e 36 do 15 de novembro.

- Queda anulada a práctica dos grupos 39 e 40 do 17 de novembro.

FISIOLOXÍA I

Fisiología Xeral 1º (Plan antiguo)

El viernes 17 de diciembre de 2010, a las 17:00 h. en las aulas 4, 5 y 6, se realizará un parcial voluntario de la siguiente materia:

1. Medio interno y comunicación intercelular (20 preguntas)
2. Membrana y bioelectricidad. Fisiología neurona y músculo (25 preguntas)

Serán 45 preguntas tipo test, con 5 respuestas posibles, siendo solamente 1 correcta. Pregunta acertada 1 punto, pregunta errónea -0,5 puntos. Se aprueba con 5 puntos sobre 10. Se necesita tener un mínimo de 3,5 puntos en cada parte para compensar.

Prof. Román Pérez Fernández
Coordinador de la asignatura

lunes, 8 de noviembre de 2010

AVISO

Mañá teremos clase co profesor Vidal ás 20:30

Déixovos tamén a folla de exame coa que traballaremos na clase.