martes, 16 de noviembre de 2010

PREMIO FONSECA 2010

Mozos e mozas, 

Póñome en contacto convosco para informarvos de que o próximo xoves, día 18, entregárase o Premio Fonseca 2010, que este ano recaeu en David Attenborough. Se sodes fans da natureza, coñoceredes o destacado labor que Sir David ten realizado pola mesma en tódolos seus ámbitos: como narrador, periodista, ecoloxista... É unha oportunidade única de ver en persoa a un dos mellores divulgadores científicos dos nosos tempos. Recoméndovos a súa incríbel última serie, Planeta Terra, así como a súa excepcional biografía, Life On Earth que, desgraciadamente, aínda non está editada en castelán.


Vémonos alí :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario