martes, 23 de agosto de 2011

Grupos de prácticas de 4º- grupo I (2011/2012)


Bo día a todos e todas:
Chegoume unha mensaxe do vicedecano Carreira convocándome a unha reunión o 20 de setembro na que debería entregarlle, xa pechados, os grupos de prácticas do novo curso. Porque si, este ano podemos facelos nós. A cuestión é a seguinte:
Os grupos serán de cinco persoas, cinco persoas que terán que ser do Grupo I e terán que ter o mesmo hospital asignado. O procedemento que se seguirá para formar os grupos será o seguinte, e é moi importante que se faga exactamente así para que isto funcione.
En primeiro lugar decidide con quen queredes ir no grupo e unha vez que teñades o grupo pechado, tendo por seguro que os cinco membros do grupo cumpren os requéritos, enviádemo. Que quero dicir con isto? Quero dicir que aquelas persoas que recurran a súa descentralización é mellor que non sexan incluídas en ningún grupo ata que se resolva o seu recurso e aquelas persoas que non saiban se pasan ou non de ciclo é mellor que agarden a sabelo para incluírse. Por iso recomendo que aqueles grupos que teñan unha persoa nesta situación non se envíen ata que se saiba definitivamente que pasa con esa persoa.
Decidido o grupo, haino que mandar a medicinagrupouno@gmail.com antes do 19 de setembro. A reunión é o 20, se mo mandades tarde non chegará a tempo.  Tédesmo que mandar co seguinte título GRUPO DE PRÁCTICAS 2011/2012, indicando, tamén no título, a vosa cidade de prácticas: A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo ou Santiago de Compostela. No contido da mensaxe indicade aos vosos nomes co formato APELIDOS, NOME. No caso dos compañeiros portugueses, colocádeme ben os apelidos, tal e como aparece no voso expediente.
Unha vez que reciba a mensaxe respondereivos indicándovos o número que terá o voso grupo.
NON SE ADMITIRÁN TROCOS DE GRUPO UNHA VEZ ENVIADO AGÁS QUE ESTES TROCOS SE DEBAN A UNHA CAUSA DE FORZA MAIOR, ISTO É, SECUESTRO OU FALECEMENTO. SÓ ENGADIREI OS GRUPOS QUE ME MANDEDES A ESTE CORREO. SE ALGUÉN ME MANDA O GRUPO AO FACEBOOK PODERÁ MODIFICARSE O SEU GRUPO PORQUE FALECERÁ E ESE É UN DOS SUPOSTOS QUE PERMITEN FACER TROCOS.
Un saúdo!

jueves, 4 de agosto de 2011

Listado descentralizados OFICIAL

 Xa saíu, xa está aquí: o listado de descentralizados resolto pola Facultade. Ánimo a todos, compañeiros e compañeiras, xa sexades vigueses, lucenses, ourensás e coruñeses. A descentralización é unha merda lata, pero pensade que aínda nos quedan agosto e setembro por diante e moito verán que disfrutar :)