domingo, 9 de octubre de 2011

NOVO BLOG

Hola rapaces!
Con moito pesar dígovos que debemos despedirnos de este blog do grupo un que tantas alegrías e penurias nos supuxo! jaja
 O rollo é que fixemos unha nova páxina web mais completa e centralizada para os dous grupos co obxectivo de facilitar as cousas. Esta é a dirección:

http://medicina2008-2014.jimdo.com/

Por último agradecer a Adri o seu traballo todo o ano pasado neste blog. Non tería sido posible que funcionara como o fixo sen a súa colaboración. GRACIAS ADRI! :)

Bueno , un saúdo a todos e espero que vos guste a nova páxina!

Olalla

sábado, 1 de octubre de 2011

Boas

As presentacións para as prácticas fora de Santiago serán:

CHUAC: Luns 3, 9:00, Salon de actos (4º planta)

CHUVI: Luns 3, 10:00, Salon de Actos (Edificio anexo ó Hospital Xeral)

CHOU: Luns 3, 8:30, Secretaría de docencia (5ª planta edificio quirúrxico, pasillo de habitacións para as gardas)

HULA: Luns 3, 11:30, Aula 305 (3ª planta, a carón de Dirección)

Ademais, segue sendo preciso un delegado para o CHUVI. É moi importante. Por favor aquel que se ofreza voluntario que mo avise canto antes. Gracias.

Un saúdo

viernes, 30 de septiembre de 2011

Blog do HULA

Déixovos aquí o link do blog que creou a delegada de Lugo, Raquel, para tratar os asuntos do HULA:

http://medicinahula.blogspot.com/

Prácticas psiquiatría

Recibín un correo da profesora Madó, coordinadora das prácticas de psiquiatría coa seguinte información:
A profesora xa retirou dos grupos 24 a 27 (que son os que empezan esta semana) ós alumnos que xa figuran aprobados nesta materia o curso pasado. Nesta fin de semana preparará o resto dos grupos e o Luns estarán todos no Edificio Docente Novoa Santos colgados no taboleiro de anuncios e tamén os publicarei eu no blog.
Un saludo
Olalla
 

martes, 27 de septiembre de 2011

Prácticas Coruña

Os estudantes que fan as prácticas na Coruña deben levar o primeiro día unha fotocopia do DNI e unha foto de carné necesarias para os carteis que ides colocar nas batas.

Novas Vigo Lugo e Ourense

Mensaxe de ALEM:

Boas

Hoxe Montse reuniuse co Decano que a informou de:
- En Vigo o tema do coordinador está arranxado e continuará como tal o
Dr. Martínez Vázquez.
- Xa tiveron unha reunión o Decano e o Comisionado de CC da Saúde da
USC con docencia de Ourense e mañá terana con docencia de Lugo.
- O xoves haberá unha reunión entre xefes de departamento e docencia
dos hospitais para intercambiar informacióin (programa, criterios de
avaliación...etc).

Así, agardamos que o venres poda quedar todo mais ou menos organizado
para que o luns comecen as prácticas con normalidade, excepto "flecos"
que se deban arranxar cos propios alumnos no propio hospital.



Ademais, para facilitar a organización e a comunicación entre os
estudantes e os centros son necesarios voluntarios para exercer,
alomenos provisionalmente, como "delegados de hospital", polo que se
necesita unha persoa por curso e hospital.



No noso curso xa temos algúns delegados:


Lugo: Raquel Gómez Méndez
Ourense: Alberto Fernández


Pero preciso dous voluntarios para A Coruña e para Vigo. E é urxente. Veña animádevos que non é moito traballo e é moi necesario para todos. Os voluntarios que mo digan a través do correo deste blog ou deixando un comentario.


Gracias. 


Un saúdo,


Olalla

lunes, 26 de septiembre de 2011

Novas sobre Vigo Lugo e Ourense

Mensaxe de ALEM:


Boas

Como moitos xa saberedes, o proceso de alegacións á descentralización rematou (salvo casos particulares) polo que xa se fixeron os grupos de prácticas para o CHUS e están (ou deberían estar pronto) en mans dos delegados para que os fagan públicos. Sabemos que no CHUAC tamén están traballando na organización das prácticas.

Os problemas atopámolos en Vigo, Ourense e Lugo.

- En Vigo o coordinador de docencia dimitiu por descontento ca xestión feita dende a facultade e a USC, polo que a situación está "no aire". Unha compañeira e unha delegada están a levar o tema para tentar chegar a bo porto esta semana.

- En Lugo o coordinador asume ós estudantes pese a sentirse desatendido pola facultade, pero non ten novas do decanato así que dúas compañeiras están a traballar no tema para tentar organizar as prácticas.

- En Ourense estaban simplemente á espera de información de Santiago, que polo momento non chegou, polo que uns compañeiros están a traballar tamén na organización.

Así, a situación resúmese en que en Vigo, Lugo e Ourense somos os estudantes os que estamos a mediar entre facultade e hospital e os que temos que facilitar a información necesaria para a organización das prácticas, e todo esto a menos dunha semana para o comezo do curso.
Por varias frontes estamos a "informar" ó decanato do que acontece (por se non eran conscientes...) e agardamos a súa máxima colaboración para facer nunha semana o traballo que debía estar feito moito antes.

Non vos asustedes nin desesperedes (porque cabreados supoño que xa estaredes), estamos facendo todo o posible por arranxar o tema canto antes.