jueves, 30 de diciembre de 2010

EXAME DE FARMACOLOXÍA

Está aberta a votación para o parcial de Farmacoloxía. Pódedes escoller entre a primeira ou a segunda quincena de Marzo. Despois concretaremos unha data mediante unha nova votación. Por favor, avisade por aí.

Tamén cabe mencionar que o profesor Caínzos ofrécenos dúas posibilidades con respecto á materia de Cirurxía: por unha parte, podemos examinarnos de ela nos exames ordinarios de Patoloxía (no parcial e no final) ou podemos realizar un exame extraordinario só de Cirurxía nunha data que escollamos para liberar esa materia por separado. Hai aspectos que aínda temos que discutir co profesor, pero que isto vos serva de nota informativa para que vaiades pensando que preferides.

Un saúdo e feliz ano.

sábado, 18 de diciembre de 2010

Gestal, novo decano.

Onte escolleuse o novo decano da facultade, Juan Gestal Otero, catedrático de Medicina Preventiva, que se impuxo á Antonio Crespo Abelleira por 104 votos a 74.


Os vicedecanatos pasan a estar ocupados por:

Víctor Arce (Vicedecano de Básicas)
José Carreira (Vicedecano de Clínicas)
Inma Tomás (Vicedecana de Odontoloxía)


A secretaría da facultade pasa a estar ocupada por Luís Lima.


Aquí a noticia na Voz de Galicia.
Aquí no Correo Gallego.  Ademais, unha entrevista.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Parcial Patoloxía

Os resultados das votacións para o parcial de patoloxía.

Número de votos: 115


4 de Febreiro: 99
8 de Febreiro: 14
3 de Febreiro: 2



Dado que os resultados son os mesmos que no outro grupo, a data do exame queda fixada para o día 4 de Febreiro, en principio.


A LISTAXE DEFINITIVA É ESTA. En canto aqueles que aparecen mencionados no artigo anterior, é dicir:

 da Silva Pinto, Filipa
 
de la Ossa Osorio, Monica

Figueiredo e Sousa, Nuno Filipe


García Cabanas, Noemia


Grueiro González, María del Carmen

Incluiranse nun anexo ó documento, de tal xeito que aparezan nas listas. Aínda así, sería mellor que falaran co departamento de Medicina máis adiante - se queren, claro - para darlle os DNIs.

Falando de cousas un poco máis alegres, infórmovos de que a filla de Luís, o da cafetería, está a participar nun concurso no Luar da TVG, así que aquí vos deixo un cartel informativo que me pediron que subira:



 


¡Moita sorte a ela e tamén a todos os que estades (estamos) con recuperacións i exames varios!




domingo, 12 de diciembre de 2010

GRUPO 3 (FARMA)

El martes, 14 de Diciembre, a las 16:30 habrá una reunión en clase para repartirse el trabajo y organizar el seminario.

sábado, 11 de diciembre de 2010

AVISOS

Primeiro, tedes á vosa disposición as listas para o parcial na porta da clase, na facultade. Alí podedes escoller a data que mellor vos parece, xa sexa das propostas ou unha que vós suxirades. Tedes ata o mércores, 15 de Decembro.

Segundo, para aqueles que se apuntaron na lista do grupo II: OS VOSOS NOMES SERÁN ELIMINADOS DE ESA LISTA. Os nomes que me dou o delegado da outra clase que non constan na nosa lista son:


da Silva Pinto, Filipa
 
de la Ossa Osorio, Monica


de Oliveira Matos Gonçalves, André Augusto

Figueiredo e Sousa, Nuno Filipe

García Cabanas, Noemia

Grueiro González, María del Carmen

Guerra Lima Dias, Adriana  APUNTADA


Se figurades entre eles - ou os coñecedes - dicídelles que se poñan en contacto comigo a través dun e-mail. De momento, e isto non é broma, non están apuntados en ningunha das listas para o parcial. Xa avisei do que pasaría coas duplicidades. Polo de agora, non teño de xeito oficial os seus datos, así que, a efectos, non constan. Teñen ata o mércores que vén.


Saúdos.

domingo, 5 de diciembre de 2010

jueves, 2 de diciembre de 2010

FIN DE PRAZO INSCRIPCIÓN EXAME DE PATO

O VENRES DÍA 3 (ÁS 00:00, É DICIR CANDO REMATE O DÍA) DE DECEMBRO REMATA O PRAZO PARA APUNTARSE NAS LISTAS PARA O PARCIAL DE PATOLOXÍA.

DESPOIS PUBLICARASE UNHA LISTA PROVISIONAL NO BLOGUE E NA PORTA DE CLASE, NA FACULTADE. SE ALGUÉN NON APARECE NELA, QUE NOS ENVÍE OS SEUS DATOS NUN CORREO.