jueves, 28 de abril de 2011

PASO DE ECUADOR - FESTA XABARÍN

A ver rapaces, isto vai dirixido á xente que considere que pode aportar un pouco máis do que aportou ata agora para o Paso. (Lémbrovos que aínda falta xente da lista dos apuntados ó Paso por enviarme o correo co que fixo. Se os que faltades non mo mandades en días próximos darei por suposto que non fixéchedes nada e haberá que tomar medidas dalgún tipo que se falarán en común obviamente, non as decidirei eu.)
Pois iso, que xa quedan pouquiñas cousas por facer para recaudar cartos e pídovos a vosa colaboración ós que creedes que ata agora colaboráchedes menos en xeral.

A primeria, é a festa Xabarín. Será no Blaster a semana que ven (día por determinar). Convoco unha reunión mañá ó saír de patoloxía, e dicir, ás 20:30. Prometo que será rápida! O único que hai que facer é repartir o traballo! Obviamente a esta reunión tamén deben acudir os da comisión de festas.

Por último, estou barallando a idea de, cando acabemos todas as festas,vendas,ciclos... facer públicos os correos que estou recibindo de todos vós para que todos podamos ver o traballo de todos. Creo que desta forma todo sería máis transparente pero acepto que non estedes dacordo por suposto e só o farei se a maioría o quere. Pero bueno, iso xa o falaremos!

Iso e todo xente!
Un saudiño!
Olalla

miércoles, 27 de abril de 2011

ECGs de Juanatey

Recóllovos os traballos de Juanatey mañá xusto antes da súa clase.
E lembrade que mañá temos dúas horas con Juanatey, de 18:30 a 20:30, os dous grupos xuntos.
Olalla

martes, 26 de abril de 2011

ASEMBLEA URXENTE

Mensaxe da ALEM:

Boas

Ata este momento non conseguimos unha reunión co reitor, pero dende o decanato avanzarónnos que teñen unha proposta que conta co apoio da equipa reitoral.

Para expoñer e debatir dita proposta convócase:

ASEMBLEA URXENTE para o mércores 27 de abril ás 19:45 
na Facultade (aula por determinar).

O principal punto na orde do día será a DESCENTRALIZACIÓN para TODOS OS CURSOS, polo que non se realizará unha segunda asemblea en días posteriores, os interesados debedes acudir mañá.

Pregamos a máxima difusión desta convocatoria e a máxima asistencia, pois é un momento decisivo no que debemos tomar decisión.

Un saúdo, ALEM

miércoles, 20 de abril de 2011

Cuba

Pásovos unha serie de documentos que enviou Roi, da comisión de viaxes, con información nova relativa ós prazos, ós pagos, ó hotel, etc.; así como o xustificante da transferencia do primeiro pago.


Información sobre os pagos, prazos, hoteis, actividades, distribución nas habitacións...

Documentación anexa:



martes, 19 de abril de 2011

Mensaxe de Gloria

O LUNS 25 haberá unha reunión do paso alternativo (cruceiro) as 20.30.

É imprescindible que veñades todos aqueles interesados (apuntados xa nas listaxes ou non), posto que se tomarán DECISIÓNS IMPORTANTES de cara a viaxe.

Paso de Ecuador

Hola chicos!
Ahora que ya quedan pocas cosas que hacer para el Paso de Ecuador me gustaría pedirle colaboración en todo lo que queda a esa gente que por el motivo que sea no ha participado tanto en todo lo que hemos hecho hasta ahora.
Por eso os pido a todos los que esteis apuntados en el Paso si me podeis mandar un privado o un correo de lo que habeis hecho hasta ahora para repartir un poco el trabajo que queda, que creo que es una fiesta, un ciclo y vender mecheros,bolis,paraguas,etc.
Os agradecería que me lo enviarais cuanto antes para poder organizarnos con tiempo. (Enviádmelo a mi tuenti: Olalla Jan ; facebook: Olalla Janeiro Janeiro ; o al correo: oly_legolas07@hotmail.com)
Gracias.
Olalla

Aviso - Viaxe Alternativo

Pásovos unha mensaxe de Gloria, da comisión de viaxes.

Todos los interesados en ir al Crucero por el Adriático de septiembre debéis apuntaros en la lista que sigue. La fecha límite es hasta las 00:00 del jueves 28 de abril ya que, en la última reunión de todo el Paso, se ha quedado de entregar una lista definitiva el día 29.

Del mismo modo, también se ha decidido que, cualquier grupo de 20 personas como mínimo (con un pequeño margen) puede constituir otro paso alternativo, siendo necesario que presenten una lista dentro del mismo plazo.

Saúdos e boa Pascua.

jueves, 14 de abril de 2011

Anato I - Mensaxe da ALEM

Boas

Logo de falar esta semana co Prof. Meaños e ca Prof. Alonso non obtivemos obxeción para ter un exame adiantado de Anatomía I, aínda que ata despois de semana santa non o confirmará a prof. Alonso logo de falalo cos demais profesores. A data sería en principio na segunda quincena do mes de maio e o exame práctico sería seguramente ó día seguinte do teórico.

Sentimos non darvos unha confirmación segura, pero preferimos avisarvos igualmente para que os que quirades poidades organizarvos durante as vacacións de semana santa.

Quen se presente a este exame non se poderá presentar en xuño e as notas sairán todas xuntas tralo exame oficial.

Os que non o fixeran xa deben entregar a ficha de prácticas no departamento, indicando na mesma se se teñen as prácticas aprobadas. Pero OLLO, se nos últimos anos non entregastes ficha dicindo que aprobarades as prácticas falade co Prof. Meaños para asegurarvos de que a el lle consta que as tedes aprobadas.

Moitas gracias á compañeira que está a levar o tema.

Un saúdo, ALEM

Clase de cirurxía

NON se recupera hoxe a clase de cirurxía, deixámolo para despóis de Semana Santa que o profesor Caínzos non pode vir hoxe.

martes, 12 de abril de 2011

Cea de Clase.

CANCELASE a cea de clase do xoves 14, xa que moita da xente apuntada nos comunicou que, finalmente, non poderían acudir. Sen embargo, isto non significa que non haxa cea de clase; escolleremos outra data para quedar e esmorgar en conxunto (aínda que será despois das vacacións de Pascua).
Saúdos,

Adrián

Práctica de anatomía patolóxica

A última práctica de anatomía patolóxica será o xoves 28 ás 08:30.

domingo, 10 de abril de 2011

Reunión

Mensaxe de Ana Lorenzo:

Reunión de TODO el PASO de ecuador (CUBA y viaje ALTERNATIVO) el miércoles a las 20:30 en el aula 4. Se va a hablar de temas importantes y se van a tomar decisiones entre los presentes.

sábado, 9 de abril de 2011

Prácticas de anato-pato

hola rapaces!!
Un asunto; algúns de nós non fomos as prácticas de anato-pato o día que nos correspondía así que o profesor ofreceuse a darnos as prácticas un día de esta semana. Realmente podedes vir todos os que estedes interesados en facelas e non has fixéchedes no voso horario.
Temos que escoller o día e eu pensei neste martes 12. Os interesados en vir dicídeme se vos parece ben esta data e senon propoñede outras.
Graciñas.
Un saúdo,
Olalla

miércoles, 6 de abril de 2011

Ventas e cea

Primeiro, aqueles que queiran chisqueiros, paraugas ou bolígrafos, por favor que os vaian collendo (falade con Marina e Carlos, do grupo I). Especialmente chisqueiros que quedan unha chea de eles pra vender.

Segundo, aqueles que aínda non pagaron os chisqueiros, bolis, etc. que o fagan, por favor, ó longo da semana que vén. Pronto publicarase unha lista dos morosos, para que aqueles ós que se lles esquecera pagar (ou que pagaron, pero non se reflexa) o poidan comprobar.

Terceiro, a cea de clase. Tedes como data límite para apuntarvos ata as 23:59 do venres 8 de Abril.


Saúdos,

Descentralización

Boas,

Onte tivemos outra reunión co Decano para saber en que punto se atopa a descentralización, logo das novas xurdidas nos últimos días.

Púxosenos sobre a mesa unha nova idea que evitaría descentralizar a teoría e que consistiría no paso en bloque ó grao de todos os cursos agás 6º. Unha vez descartada esta posibilidade pola nosa parte, pois é un tema que xa se debatiu intensamente o curso pasado e que foi rexeitado pola gran maioría do estudantado, a proposta estudantil segue a ser o "modelo C" aprobado en Asemblea, e unha vez expostos pola súa parte e pola nosa os pros e contras do sistema, o decano trasladarallo ó reitorado nos próximos días.


Á espera novas, nada mais pola nosa parte.


Un saúdo

FISIO I

Hola Adrian,


La convocatoria de junio de Fisiología I la establece la secretaria de la Facultad. Por tanto, no podemos modificarla, puesto que puede haber alumnos matriculados que no vengan a la Facultad y se presenten el dia de la convocatoria oficial. Tampoco vamos hacer dos exámenes finales, por lo que la convocatoria oficial es la única válida.


Lo siento


Un saludo


Roman

Bueno, esa é a resposta que me dou Román. Agora, pediríavos ós interesados que tentarades facer presión, falar con el, etc... a ver se o conseguiramos.

Saúdos,

Adrián

martes, 5 de abril de 2011

Exame de micro

 Xoves 14 de Abril ás 16:30 no aula 7.

En canto o exame de Fisio, aínda non hai nada oficial, pero de levarse a cabo, sería os primeiros días de Maio. Estou pendente de confirmar todo con Román (e que el o confirme co resto dos profesores da materia). Mantereivos informados.

Saúdos,

domingo, 3 de abril de 2011