miércoles, 6 de abril de 2011

Descentralización

Boas,

Onte tivemos outra reunión co Decano para saber en que punto se atopa a descentralización, logo das novas xurdidas nos últimos días.

Púxosenos sobre a mesa unha nova idea que evitaría descentralizar a teoría e que consistiría no paso en bloque ó grao de todos os cursos agás 6º. Unha vez descartada esta posibilidade pola nosa parte, pois é un tema que xa se debatiu intensamente o curso pasado e que foi rexeitado pola gran maioría do estudantado, a proposta estudantil segue a ser o "modelo C" aprobado en Asemblea, e unha vez expostos pola súa parte e pola nosa os pros e contras do sistema, o decano trasladarallo ó reitorado nos próximos días.


Á espera novas, nada mais pola nosa parte.


Un saúdo

3 comentarios:

  1. si no es mucha molestia, cual es la propuesta c? Perdonad mi ignorancia!

    ResponderEliminar
  2. Nunca fue hablada la posibilidad de un paso en bloque ó grau de todos los cursos!! Como pueden decir eso??

    ResponderEliminar
  3. O modelo C consiste en:

    - docencia teórica en Santiago
    - rotatorio de prácticas

    (É dicir, só se farían fóra as prácticas).

    En canto ó de pasarnos a grao; eu non sei onde estarías ti o ano pasado, cando o decanato nos presionou para que nos cambiaramos a Bolonia 2º e 3º, pero sí que se falou, sí que se votou, sí que nos manifestamos e sí que rexeitamos esa posibilidade, polas incompatibilidades que nos presentaba.

    Saúdos,

    Adrián

    ResponderEliminar