jueves, 28 de abril de 2011

PASO DE ECUADOR - FESTA XABARÍN

A ver rapaces, isto vai dirixido á xente que considere que pode aportar un pouco máis do que aportou ata agora para o Paso. (Lémbrovos que aínda falta xente da lista dos apuntados ó Paso por enviarme o correo co que fixo. Se os que faltades non mo mandades en días próximos darei por suposto que non fixéchedes nada e haberá que tomar medidas dalgún tipo que se falarán en común obviamente, non as decidirei eu.)
Pois iso, que xa quedan pouquiñas cousas por facer para recaudar cartos e pídovos a vosa colaboración ós que creedes que ata agora colaboráchedes menos en xeral.

A primeria, é a festa Xabarín. Será no Blaster a semana que ven (día por determinar). Convoco unha reunión mañá ó saír de patoloxía, e dicir, ás 20:30. Prometo que será rápida! O único que hai que facer é repartir o traballo! Obviamente a esta reunión tamén deben acudir os da comisión de festas.

Por último, estou barallando a idea de, cando acabemos todas as festas,vendas,ciclos... facer públicos os correos que estou recibindo de todos vós para que todos podamos ver o traballo de todos. Creo que desta forma todo sería máis transparente pero acepto que non estedes dacordo por suposto e só o farei se a maioría o quere. Pero bueno, iso xa o falaremos!

Iso e todo xente!
Un saudiño!
Olalla

No hay comentarios:

Publicar un comentario