jueves, 14 de abril de 2011

Anato I - Mensaxe da ALEM

Boas

Logo de falar esta semana co Prof. Meaños e ca Prof. Alonso non obtivemos obxeción para ter un exame adiantado de Anatomía I, aínda que ata despois de semana santa non o confirmará a prof. Alonso logo de falalo cos demais profesores. A data sería en principio na segunda quincena do mes de maio e o exame práctico sería seguramente ó día seguinte do teórico.

Sentimos non darvos unha confirmación segura, pero preferimos avisarvos igualmente para que os que quirades poidades organizarvos durante as vacacións de semana santa.

Quen se presente a este exame non se poderá presentar en xuño e as notas sairán todas xuntas tralo exame oficial.

Os que non o fixeran xa deben entregar a ficha de prácticas no departamento, indicando na mesma se se teñen as prácticas aprobadas. Pero OLLO, se nos últimos anos non entregastes ficha dicindo que aprobarades as prácticas falade co Prof. Meaños para asegurarvos de que a el lle consta que as tedes aprobadas.

Moitas gracias á compañeira que está a levar o tema.

Un saúdo, ALEM

No hay comentarios:

Publicar un comentario