martes, 31 de mayo de 2011

Cuadernillos

Mañá, as 10:15, estaremos na facultade recollendo cuadernillos. Se alguen non o puido traer hoxe, que se pase por alí. Estade puntuais, porque imos só a recoller as caixas cos que xa foron entregados.

Saúdos,

Adrián

Avisos varios

1- Dixéronme que o outro día en Ética o profesor lle deixou os apuntes a un dos alumnos para que llelos pasara ós compañeiros. Por favor, se sabedes quen é, dicídelle que mos pase e súboos o blog.

2- Dixestivo: Non entran obstrución intestinal, páncreas nin insuficiencia hepática.

3- Grupo II: Aquí vos deixo o de Shock, do Dr. Forteza.

Sorte nos exames e ánimo, que antes que despois, chegan as vacacións :)

jueves, 26 de mayo de 2011

Aviso

Atopamos un pendrive na clase de cor branca de 4GB hoxe despois da clase de farma. O propitario que fale con Diego González Peña para recuperalo.

Clase sobre o exame de Garabal

Rapaces!
Sinto moito avisar tan tarde pero e que houbo certos problema organizativos!
O rollo é que o final Garabal da hoxe dúas horas, de 16:30 a 18:30 e a explicación esta do examen vai ser na útlima media hora (ou sexa mais ou menos de 6 a 6 e media)
Repito que sinto avisar tan tarde.
Olalla

miércoles, 25 de mayo de 2011

Exame patoloxía

¡Non entra síndrome metabólico!

Entrega cuadernillo de cirugía.

Además del jueves y el viernes, os recojo los cuadernillos y la memoria también el lunes a las 18,30 en la facultad, enfrente de nuestras aulas.(también a los del grupo II )
Olalla
Mensaje de Rosell:
Mañana jueves 26, de 11:00 a 12:30 entrega de camisetas MIRC tallas S y M delante de bedeles !!!! Por favor, que la gente de la comisión de ventas se ponga en contacto lo antes posible conmigo para ayudarme a llevar esta tarde las camisetas a la facultad y para ayudar mañana a venderlas. Gracias!:D

martes, 24 de mayo de 2011

Entrega cuadernillo de cirugía.

Como es un poco lío que vayamos todos el martes a entregar el cuadernillo y la memoria, me ofrezco a ir yo el martes y entregar los de todo el mundo que no quiera o pueda ir hasta allí la mañana del martes 31.
Os los recojo este jueves después de la clase de farma, osea sobre las 19:00 (que aprovecho para avisar de que el jueves habrá dos horas de farma, de 16:30 a 18:30 más la media hora de repaso que será de 18:30 a 19:00 aprox. y luego vamos los dos grupos juntos a la clase de patología del grupo II ) o el viernes durante las clases de neuro, osea de 10,30 a 12,30 de la mañana en la facultad.
Olalla

lunes, 23 de mayo de 2011

Entrega cuadernillo y memoria de prácticas de cirugía.

Martes 31 de 11,30 a 14,00 en el despacho del profesor Caínzos, situado en la planta menos uno de las Consultas, puerta 359.

Clases de neuro (patología)


Martes 24 el Prof. Noya de 10.30 h hasta las 12.30 horas.
Viernes 27 el Prof. Lema de 10.30 hasta las 12.30 horas.
Miércoles 1 de Junio de 10.30 hasta 12.30 horas.

Reunión sobre o grao con decano

Avisáronme esta mesma mañá de que hoxe non vai ter lugar a reunión co decano prevista para hoxe luns 23 ás 19,30.
Será máis adiante. Xa vos avisarei da data en canto a sepa.

Clase Garabal

O xoves 26 haberá unha clase de Farmacoloxía especial - para ámbolos dous grupos - que durará dúas horas e media. Na última media hora, o profesor Garabal fará un repaso do seu temario.

jueves, 19 de mayo de 2011

miércoles, 18 de mayo de 2011

Prácticas de verán


Boas

Xa se publicou a convocatoria das Prácticas clínicas en periodo non lectivo na web da facultade. Nela podedes ler a convocatoria, coñecer a oferta de prazas do SERGAS e descargar/cubrir o formulario de solicitude.

O prazo de solicitude remata o 3 de xuño.

Os créditos concedidos este curso por cada periodo son 7,5 e deberase entregar unha memoria de 5-10 follas ó titor das prácticas.


Aqueles que ó sumar os 7,5 créditos (ou 15) sobrepasen os 15 créditos máximos que se poden
obter en prácticas clínicas en periodo non lectivo poderán matricularse igualmente e pagarán por todos os
créditos dos que se matriculen, mais so lle subirán ó expediente os que lle resten para os 15 máximos.


Os bolseiros do MEC exentos do pago de matrícula non pagan o prezo dos créditos das prácticas de verán.

Un saúdo

Exame práctico de patoloxía

O examen do dia 2 trasládase ao martes 7 de xuño (mesma hora e aula).

En canto aos examenes:

Os alumnos que suspendan en xuño, sexa teórico ou práctico, supenderán a asignatura completa, polo que poderán presentarse en setembro.

En aqueles casos en que se supenda o teórico, só deberán presentarse ao teórico en setembro. Non haberá examen práctico para estos alumnos en setembro. Polo tanto, a nota de setembro será exclusivamente a do teórico.

Aqueles alumnos que suspendan o práctico (só sucedeu unha vez) e aproben o teórico en xuño, so terán que facer un examen práctico en setembro (gardando a nota que acadaron no teórico en xuño). Agora ben, se suspenden o práctico en setembro, suspenden a asignatura.Os alumnos que estén nesta situación deberán poñerse en contacto conmigo para poñer unha data no mes de setembro (diferente da data oficial do examen teórico).Se non queren arriscarse, poderían presentarse ao teórico en setembro, prescindindo do práctico (sería pouco intelixente, pero nunca se sabe).

martes, 17 de mayo de 2011

Descentralizacións


Este blogue ábrese para todos aqueles e todas aquelas que o curso que vén estarán en 4º, 5º ou 6º de Medicina na Universidade de Santiago. Créase para recoller os datos de todos aqueles e todas aquelas que se ofrezan a:

1) En caso de manterse o modelo actual de descentralización mensual, marchar a Vigo, A Coruña, Ourense (sen buses) ou Lugo (sen buses) en todos os meses de prácticas.

2) En caso de instaurarse o modelo C, pasar os dous períodos de prácticas, e non só o período que pasaríamos todos fóra, en Vigo, A Coruña, Ourense (sen buses) ou Lugo (sen buses).

3) Pasarse ao plano de Grao segundo o modelo que presentará publicamente ao estudantado interesado o Decano o vindeiro luns 23 ás 19.30 no Salón de Actos da Facultade.

sábado, 14 de mayo de 2011

Viaxe alternativo - Portugal

Aquí vos deixo a información do viaxe a Portugal que se está a ofertar como posibilidade para o paso alternativo. Por favor, que os interesados se anoten no formulario que lles deixo aquí en baixo. Tentarase convocar unha reunión o máis pronto posible para falar de esta proposta.

VIAXE A PORTUGAL

  • 6, 7, 8 e 9 de Xullo - Festival Optimus Alive (Lisboa)
  •  10, 11 e 12 de Xullo - Estancia en Lisboa
  • 13, 14, 15 e 16 de Xullo - Estancia en Portimão

O prezo inclúe: entrada do festival, aloxamento no cámping do festival (Bungalows); aloxamento en réxime de estancia e almorzo en Lisboa e Portimão; transporte de ida e volta Vigo - Lisboa e Lisboa - Portimão. 420 euros

    Saúdos.


    TRATADE DE SER CIVILIZADOS, POR FAVOR.
    TODO COMENTARIO SEN IDENTIFICAR NON SERÁ PUBLICADO

    Juanatey CDs

    A ver, rapaces e rapazas. Déixovos os enlaces ós Cds de Juanatey. Están comprimidos en formato .rar e son arquivos .nrg (imaxes de Nero Burning Room). Eu recoméndovos que os gravedes en discos para empregalos ou, se queredes, empreguedes o programa Daemon Tools que vos permite abrir o arquivo sen necesidade de gravalo nun disco. 

    CDS JUANATEY

    PD: Aquí vos deixo un video de como montar unha imaxe (o que vén sendo o contido do disco) con Daemon Tools. Aínda que o arquivo que aparece no tutorial e .iso, non deberiades ter problemas co .nrg

    Hemato

    Aquí tedes as presentacións de Hematoloxía.



    miércoles, 11 de mayo de 2011

    martes, 10 de mayo de 2011

    Diapositivas Araúxo

    Rapaces e rapazas, déixovos as diapositivas de Araúxo (ó fin!):



    Boas
     
    Como a situación non avanza mañá mércores 11 ás 13:00 procederemos caCONCENTRACIÓN DE BATAS BRANCAS na Facultade de Medicina e no Reitorado da USC.
     
    Pregamos que acudades á concentración sexades do curso que sexades, pois este é un punto moi importante no que debemos transmitir "poder" e unidade e este é un tema que nos afecta a todos e que podería ter consecuencias positivas ou negativas estedes en 1º ou en 5º (se alguén de 6º se anima será benvido!).
     
    Ademais, levade a vosa bata branca identifiacita e todo aquelo que sirva para chamar a atención (cartaces feitos na casa, difraces orixinais, instrumentos musicais, obxectos para facer ruido... etc).
    estades todos invitados a colaborar na elaboración de faixas e cartaces de gran tamaño que algúns compañeiros e compañeiras están a facer no local de estudantes.
     
    Difundide todo o que poidades esta convocatoria (eventos en redes sociais, carteis e avisos de voz nas aulas..etc) e mañá animade a todos os compañeiros a participar, POLO BEN DE TODOS!.
     
    MOITO ÁNIMO, contamos convosco!!!!
     
    ¡¡¡Queremos SOLUCIÓNS XA, pero SOLUCIÓNS CON SENTIDIÑO!!

    EXAMES PRÁCTICOS DE PATOLOXÍA

    Calendario de exámenes prácticos de propedéutica clínica:


    Dia 26 de maio, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:1-30

    Dia 31 de maio, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:31-60

    Dia 2 de xuño, aula 6 de Medicina, 10:30-15:30, grupos:61-88


    É obrigatorio entregar o dia do examen as duas follas de prácticas debidamente asignadas polos titores clínicos. No examen (oral) so preguntarase polas habilidades e coñecementos clinicos marcados como "si" na correspondente folla de auto-avaliación. Dos 17 puntos máximos son necesarios 9 para pasar o examen. O suspenso no examen práctico supón o suspenso na asignatura. Esta nota corresponderá ao 25% da nota final de xuño. O examen non se repetirá en setembro, agás pras persoas que teñan aprobado o examen teórico en xuño.

    Clase de cirurxía de hoxe

    A clase será de 12,30 a 14,30 no aula 2 (a que está baixando as escaleiras que levan a bioquímica)

    lunes, 9 de mayo de 2011

    Vendas

    Lista de xente que falta por pagar (bolis e chisqueiros):


    CHISQUEIROS
    BOLIGRAFOS
    Adrián Garcia Lamas
    5

    Adriana Castro Díaz
    20
    25
    Adriana Guerra Lima Dias
    10

    Alba Fernandez Vázquez
    7

    Alba Perez Piñeiro
    10
    5
    Ana Rita Matos
    5

    Daniel Enriquez Vázquez
    5

    Elena Brage
    10

    Fernando Caamaño Viña
    5

    Javier Liñayo

    5
    Jessica Molinos Mayo

    4
    Joana Maria Monteiro Fernandes

    10
    Joao Pedro Neves Da Costa Vinagre
    10
    10
    Jose Alonso

    7
    Julia Veríssimo Guillén

    29
    Laura Espinosa Iglesias
    15
    15
    Laura González Miramontes
    20
    20
    Luis Ignacio Devesa Otero
    5

    Maria Esperanza Gómez Fernandez

    5
    Milagros Suarez Varela
    30
    22
    Natalia Suarez Pazos
    30
    20
    Olalla Janeiro Janeiro
    10

    Pablo Fraga
    10

    Patricia Cadahía Fernandez
    15
    5
    Patricia Diéguez Pena
    5

    Sabela Rodriguez López

    15
    Susana Patricia Gomes da Costa
    20

    Xoan García Fuentes
    5



    domingo, 8 de mayo de 2011

    Descentralización


    Boas
     
    O secretario da facultade, o Prof. Lima, e o Comisionado de CC da Saúde da USC, o Prof. Macía, xa coñecen con todo detalle o plantexado no comunicado e o que o motiva.
     
    Ademais, comunicáronnos que o luns e o martes o Decano estará de viaxe, polo que cremos axeitado aprazar aconcentración para o MÉRCORES 11 ás 13:00 na facultade.
     
    Tamén nos informaron dende o reitorado de que estaban a cadrar a axenda do reitor para ter unha reunión connosco o antes posible.
     
    Sentimos o baile de datas, pero debemos xogar ben as nosas bazas para que teñan o efecto desexado.
     
    Un saúdo

    viernes, 6 de mayo de 2011

    Exame PRX

    EXAMEN (oficial): 24/06/2011 a las 16.00 horas (aulas 4, 5, 7 y 8)

    EXAMEN (opcional): 18/05/2011 Salón de Actos Facultad de Medicina

    Grupo I a las 19.30 horas
    Grupo II a las 18.30 horas

    Nota.- Debido al número de matriculados se ruega la máxima puntualida y colaboración.
    Sólo se podrá optar a una de las dos fechas de examen.

    jueves, 5 de mayo de 2011

    Resultados PRX

    Como podedes ver, o resultado é claro: o exame de Protección Radiolóxica realizarase a semana do 16 ó 20 de Maio. A falta de confirmación por parte do profesor, o máis probable é que se realice o día 18 ou 19 - despois das Letras Galegas-. Aquí tedes un resumo das votacións:

    miércoles, 4 de mayo de 2011

    Seminario de cirurxía

    Comentáronme que algunha xente tanto do grupo I como do grupo II aínda non tivo o seminario de historia da cirurxía que imparte o profesor Caínzos. Toda esa xente debe asistir o luns 9 de Maio ás 9,30.

    Descentralizacion


    Boas
     
    Por decisión unilateral do prof. Gestal, as reunións de mañá do decano con representantes de estudantes, delegados de 4º e 5º e estudantes de 2º e 3º quedan SUSPENDIDAS.
     
    Pola contra, mantense a Asemblea na que explicaremos o ocorrido ó longo de toda a semana, incluída a longa reunión desta tarde no reitorado.
     
    XOVES 5 (19:30) SALÓN DE ACTOS - Asemblea descentralización (Todos os cursos)
     
    Importante a asistencia para coñecer en datalle como está a situación actualmente, sen nada definitivo, pero igualmente importante coñecer todo o ocorrido e o que hai sobre a mesa.
     
    Un saúdo, ALEM

    Clases pendentes de Caínzos.

    Recuperaremos as dúas horas de cirurxía que nos quedan o Martes 10 de 12,30 a 14,30.
    Isto vai dirixido tanto o grupo I como ó grupo II.

    martes, 3 de mayo de 2011

    Exame de protección radiolóxica.

    O profesor de protección propúxonos facer un exame adiantado; agora temos que escoller a data na que queremos realizalo. Tedes para completar a enquisa ata o MÉRCORES 4/05 ás 23:59.

    Paso de Ecuador

    Esta es la lista de la gente que aún no me ha enviado un privado,mail o lo que sea diciéndome lo que ha hecho para el Paso de Ecuador (puede ser que alguno de los mencionados no pertenezca al paso aunque vaya al viaje, en ese caso le agradezco que me lo diga porque no tengo la información de quién se desapuntó del paso a mitad de curso).También puede ser que me lo haya enviado y por algún motivo no me haya llegado; en este caso le agradezco que me lo vuelva a enviar. Gracias 
    Y la gente que no me lo ha enviado porque se ha olvidad debe mandarme el correo inmediatamente. 
    Gracias!

    Beatriz Bernárdez da Costa
    Patricia Cadahía
    Irene Cid Tovar
    Víctor López Cebey
    Rafa Cobas Paz
    Alberto Conde Ferreirós
    Silvia Corral Gómez
    Ana Rita de Matos Duarte Silva
    Ines Filipa Domingues Teixeira
    Daniel Enríquez
    Lucía Fernández Rubio
    Esteban Ferreiroa Mosquera
    Isabel María Furtado Duarte Lobo Goncalves
    Xoan García Fuentes
    Susana Patricia Gomes da Costa
    María Teresa Machado Ribeiro
    Juana María Monetiro Fernandes
    Beatriz Mosquera Sánchez
    Alba Silvarrey Rodríguez
    Javier Trastoy


    Si leeis esto y conoceis a alguna de estas personas avisádlas porfavor porque puede que no lean este blog. Gracias!
    Olalla


    DESCENTRALIZACIÓN: asamblea común

    Reunión o Xoves 5 ás 19:30 na facultade na que o decano explicará a súa proposta ós estudantes de 2º e 3º.

    O mensaxe completo de ALEM:

    Boas

    Nestes días estanse a dar pequenos avances no tema da descentralización.

    Esta mañá o decano reuniuse con representantes de estudantes (reunión intensa...) e o mércores 4 faremos o mesmo co reitor.
    Logo, o xoves 5 o decano volverá reunirse cos representantes de estudantes e cos delegados de 4º e 5º, e ademais o propio decano explicará ós estudantes de 2º e 3º en asemblea aberta a súa proposta o xoves 5 ás 19:30 na facultade.

    No tocante á proposta que se nos adiantara para 4º do próximo curso, hoxe concretouse máis e gracias ó vicedecano Arce e ó secretario Lima encamiñarase doutro xeito e estudaranse modificacións para facela mais "adsequible" para os estudantes (o cal non significa que nos vaia gustar...).
    Así, esta proposta non se centra no cambio a grao dos actuais estudantes de 3º (e os de 2º dentro de 2 cursos), senon en concentrar as prácticas de licenciatura no 6º curso (facer un "rotatorio") como unha forma de evitar a descentralización teórica e práctica en 4º e 5º e abrir os demais hospitais para ese 6º curso. Ademais, se esta reordenación o permitise, sería posible que quen o desexase puidese ó rematar 5º pasarse a grao e rematar a carreira como graduado+máster sen perder materias "polo camiño".
    Nun principio plantexábase concentrar case toda a teoría de 4º e 5º nun novo macro-4º, e pasar o contido de 6º a 5º para así ter case todas as prácticas clínicas en 6º. Ante a oposición frontal dos representantes de estudantes, o vicedecano e o secretario aceptaron estudar variacións neste plan para non concentrar tanta teoría en 4º e deixar 1-2 materias que se poderían impartir nos primeiros meses de 6º e despois facer o "rotatorio". Esta opción non permitiría a convalidación a grao, pero non sobrecargaría tanto 4º e 5º.
    Este plan é viable legalmente porque non supón unha modificación do plano de estudos, senon que consistiría en que os estudantes realizásemos a matrícula das materias en cuestión e o decanato adaptaría os horarios a este sistema de concentración da teoría.

    Para 5º e 6º do próximo curso agárdase a resolución do tema para 4º do curso que ven, pois segundo o que se adopte poderíase plantexar que so se descentralicen os voluntarios.

    Polo momento esto é o que hai, pode ser difícil de comprenser así de primeiras, pero é mais sinxelo do que parece, outra cousa é que guste. Agardamos ter pronto a proposta "en firme" para trasladárvola e que poidades xulgala axeitadamente.

    Noutra orde de cousas:
    - A proposta da facultade e da universidade para as prazas de novo ingreso do próximo curso é de 300, agardamos que a Xunta de Galicia aprobe este número e non mais.
    - Xa se aprobou a concesión de 7,5 créditos por cada periodo de prácticas de verán ata un total de 15 por curso. O que non se puido modificar é o límite total de créditos que se poden facer en toda a titulación con prácticas clínicas, que seguen a ser 15, pois eso necesitaría da modificación do plano de estudos e non é viable. Ademais espérase que o Sergas envíe a proposta de prazas a escoller para este verán.
    - Na xunta de facultade de hoxe pediuse que se instalaran mais enchufes nas aulas e gracias á disposición e ofrecemento dos bedeis esto farase o antes posible.
    - Nesta xunta de facultade tamén se fixo unha queixa pola falta de prácticas de farmacoloxía polo retraso no acondicionamento dos laboratorios.

    Polo momento nada mais pola nosa parte.

    Un saúdo.

    domingo, 1 de mayo de 2011

    REUNIÓN COMISIÓN DE FESTAS

    Reunión mañana Lunes 2 a las 20,30 sobre la fiesta Xabarín. Deben venir los de la comisión de fiestas, sobre todo los que no aparecieron en la reunión del jueves pasado. Supongo que tendré que pasar lista. Durará poco tiempo porque ya está todo organizado, sólo queda repartir las entradas y los carteles.
    Un saludo,
    Olalla