martes, 10 de mayo de 2011


Boas
 
Como a situación non avanza mañá mércores 11 ás 13:00 procederemos caCONCENTRACIÓN DE BATAS BRANCAS na Facultade de Medicina e no Reitorado da USC.
 
Pregamos que acudades á concentración sexades do curso que sexades, pois este é un punto moi importante no que debemos transmitir "poder" e unidade e este é un tema que nos afecta a todos e que podería ter consecuencias positivas ou negativas estedes en 1º ou en 5º (se alguén de 6º se anima será benvido!).
 
Ademais, levade a vosa bata branca identifiacita e todo aquelo que sirva para chamar a atención (cartaces feitos na casa, difraces orixinais, instrumentos musicais, obxectos para facer ruido... etc).
estades todos invitados a colaborar na elaboración de faixas e cartaces de gran tamaño que algúns compañeiros e compañeiras están a facer no local de estudantes.
 
Difundide todo o que poidades esta convocatoria (eventos en redes sociais, carteis e avisos de voz nas aulas..etc) e mañá animade a todos os compañeiros a participar, POLO BEN DE TODOS!.
 
MOITO ÁNIMO, contamos convosco!!!!
 
¡¡¡Queremos SOLUCIÓNS XA, pero SOLUCIÓNS CON SENTIDIÑO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario