martes, 3 de mayo de 2011

DESCENTRALIZACIÓN: asamblea común

Reunión o Xoves 5 ás 19:30 na facultade na que o decano explicará a súa proposta ós estudantes de 2º e 3º.

O mensaxe completo de ALEM:

Boas

Nestes días estanse a dar pequenos avances no tema da descentralización.

Esta mañá o decano reuniuse con representantes de estudantes (reunión intensa...) e o mércores 4 faremos o mesmo co reitor.
Logo, o xoves 5 o decano volverá reunirse cos representantes de estudantes e cos delegados de 4º e 5º, e ademais o propio decano explicará ós estudantes de 2º e 3º en asemblea aberta a súa proposta o xoves 5 ás 19:30 na facultade.

No tocante á proposta que se nos adiantara para 4º do próximo curso, hoxe concretouse máis e gracias ó vicedecano Arce e ó secretario Lima encamiñarase doutro xeito e estudaranse modificacións para facela mais "adsequible" para os estudantes (o cal non significa que nos vaia gustar...).
Así, esta proposta non se centra no cambio a grao dos actuais estudantes de 3º (e os de 2º dentro de 2 cursos), senon en concentrar as prácticas de licenciatura no 6º curso (facer un "rotatorio") como unha forma de evitar a descentralización teórica e práctica en 4º e 5º e abrir os demais hospitais para ese 6º curso. Ademais, se esta reordenación o permitise, sería posible que quen o desexase puidese ó rematar 5º pasarse a grao e rematar a carreira como graduado+máster sen perder materias "polo camiño".
Nun principio plantexábase concentrar case toda a teoría de 4º e 5º nun novo macro-4º, e pasar o contido de 6º a 5º para así ter case todas as prácticas clínicas en 6º. Ante a oposición frontal dos representantes de estudantes, o vicedecano e o secretario aceptaron estudar variacións neste plan para non concentrar tanta teoría en 4º e deixar 1-2 materias que se poderían impartir nos primeiros meses de 6º e despois facer o "rotatorio". Esta opción non permitiría a convalidación a grao, pero non sobrecargaría tanto 4º e 5º.
Este plan é viable legalmente porque non supón unha modificación do plano de estudos, senon que consistiría en que os estudantes realizásemos a matrícula das materias en cuestión e o decanato adaptaría os horarios a este sistema de concentración da teoría.

Para 5º e 6º do próximo curso agárdase a resolución do tema para 4º do curso que ven, pois segundo o que se adopte poderíase plantexar que so se descentralicen os voluntarios.

Polo momento esto é o que hai, pode ser difícil de comprenser así de primeiras, pero é mais sinxelo do que parece, outra cousa é que guste. Agardamos ter pronto a proposta "en firme" para trasladárvola e que poidades xulgala axeitadamente.

Noutra orde de cousas:
- A proposta da facultade e da universidade para as prazas de novo ingreso do próximo curso é de 300, agardamos que a Xunta de Galicia aprobe este número e non mais.
- Xa se aprobou a concesión de 7,5 créditos por cada periodo de prácticas de verán ata un total de 15 por curso. O que non se puido modificar é o límite total de créditos que se poden facer en toda a titulación con prácticas clínicas, que seguen a ser 15, pois eso necesitaría da modificación do plano de estudos e non é viable. Ademais espérase que o Sergas envíe a proposta de prazas a escoller para este verán.
- Na xunta de facultade de hoxe pediuse que se instalaran mais enchufes nas aulas e gracias á disposición e ofrecemento dos bedeis esto farase o antes posible.
- Nesta xunta de facultade tamén se fixo unha queixa pola falta de prácticas de farmacoloxía polo retraso no acondicionamento dos laboratorios.

Polo momento nada mais pola nosa parte.

Un saúdo.

8 comentarios:

  1. me resulta un poco complicado llegar a tiempo asi que me podriais decir si la reunión va a ser solo informativa o se va a votar o decidir algo?

    gracias

    ResponderEliminar
  2. Sinceramente lo de las practicas de farmacología es imposible dadas las fechas en las que estamos, ya que no hemos hecho ni la mitad y queda 1 mes de clase. Lo que yo propongo es que nos devuelvan el dinero que pagamos de matrícula por unas prácticas que no hemos recibido y que SI hemos pagado!!!! y por lo de concentrar la teoría es darle el brazo a torcer y hacer lo que siempre quieren desde arriba, yo me opongo totalmente además de que lo que se nota que están intentando con tanta reunión el decano es ir atrasando la decisión hasta el 22, yo voto por ir hasta el final defendiendo e modelo c!! un saludo

    ResponderEliminar
  3. creo que lo mas justo seria dar la posibilidad de cada uno hacer lo que quiera (si quiere pasar a grado o no en el 6ºcurso) y quien piensa que el 4º quedaria muy pesado dejaria materias para otros cursos.

    ResponderEliminar
  4. Sinceramente,a organización desta facultade cada vez vai a peor.Levamos un ano cunha chea de propostas para que ao final se faga o que se queira.Penso que o de concentrar a teoria se poderia estudar...pero xa que a concentramos pois que teñamos a oportunidade de pasarnos a grao en 6º e asi xa sair ca titulación nova.
    Respecto ás prácticas de verán creo que se dou un paso atrás,ata o de agora eran 4 creditos pero permitianos facer 4 meses nos anos de 4º a 6º...e creo que a todos nos gusta facelas ainda que quiten tempo.Co novo modelo so podemos facelas dous anos e non sei se nos beneficia ou nos perxudica...o loxico seria aumentar o numero de creditos tope pero vese que non é viable..en fin...tocounos unha época de constante cambio e hai que acostumarse.
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  5. me parece justo que la gente pueda tener la opcion de cambiarse a grado en 6º porque ni toda la gente se opone al sistema de grado. si podemos terminar con un master porque nos contentamos con una licenciatura? si alguno de nosotros quiser trabajar en otro pais va a salir muy perjudicado una vez que la convalidacion es muchissimo más sencilla con el sistema de boloña. no obstante, aquellos que no quieren cambiarse tienen sus razones. este sistema, aunque concentre más la teoria, nos permite optar y asi ninguien sale perjudicado de todo este rollo!

    ResponderEliminar
  6. Con tantos cambios que queren facer coa descentralización do segundo ciclo queria saber como esta a historia da implantacion do grao ¿o ano que ven implantase só para 2º? O curso de 3º de licenciatura mantense con clases presenciais como está este ano ¿non?

    ResponderEliminar
  7. A ver, isto é o que entendo eu: a idea da proposta de ARCE E LIMA, que non a do decano - de momento -, é que se fagan cinco cursos de teoría e un de prácticas. Non se implantará Boloña en ningún dos cursos que están facendo Licenciatura (Plan 2000) porque non hai un cambio de plan, senón unha redistribución das materias. Polo tanto, respondendo ó anónimo anterior, sí, en 3º manteríanse as clases presenciais. O tema de pasarse a grao sería en 6º (no que eu entendo que sería unha convalidación masiva de tódalas materias teóricas cursadas) dado que o 6º curso, no novo plan, é completamente práctico.

    ResponderEliminar
  8. Putos anónimos...

    ResponderEliminar