jueves, 31 de marzo de 2011

Cuba + HTA

A ver, avisos varios:

Primeiro, decidín cambiar de sistema de arquivos. Agora estarán almacenados nunha conta de box.net, na que espero que vos resulten facilmente accesíbeis a todos.

Segundo, xa tedes subidas as diapositivas de Hipertensión arterial de hoxe (gracias, Pedro Jos!)

Terceiro,


Súbovos uns arquivos que me pasou Roi, que son:


Quedade con que:

Data límite para realizar o primeiro pago: 7 de Abril de 2011
Renovade/facede o pasaporte
Botádelle un ollo ós seguros
Fixádevos ben nos custes de cancelación


Saúdos

miércoles, 30 de marzo de 2011

Descargas varias

A ver, rapaces:

Subo:

Arritmias, de Juanatey

Tutorial de Electrocardiograma, de Juanatey (creo que é do que falou hoxe en clase, se alguén ten os Cd's que mos envíe, por favor!) - se vos fixades, o de arritmias é o mesmiño que deu hoxe.

Artrite, de Gómez-Reino

Artrose, de Gómez-Reino (gracias, Baker!)

E iso é todo por hoxe.

Saúdos :)

Cena de Clase.

O mércores 13 teremos cena de clase. Os interesados e interesadas en asistir, que se anoten no cuadro que aparece á esquerda. 

Saúdos!

ACTUALIZADO: A ver, dado que o exame de Micro é o 14 pola tarde, a cena queda para ese día, para que todos poidamos asistir; polo tanto, cena o 14 de Abril.

martes, 29 de marzo de 2011

AVISO URXENTE DE VIAXES

AVISO VIAXES (Aquí en PDF)


Premede sobre a imaxe para ir á páxina de rexistro.


Novas sobre o Exame de Microbioloxía

Mozas e mozos,

Xa falei con Seoane e lle comentei as dúbidas que xurdiran perante a reunión:

a) ¿Pueden presentarse al examen gente que no acudió a la convocatoria de Febrero?

a) Sí pueden puesto que es el examen de septiembre adelantado y no una repesca del de febrero. RECORDAD siempre esto, si se suspende se está suspendiendo la convocatoria de septiembre y no podrías volver a examinaros hasta febrero del próximo curso

b) ¿Cómo serían las preguntas? ¿Podría poner un ejemplo?

b) Preguntas cortas para contestar entre 5 palabras y 15 o 20 renglones, por ejemplo cita las principales estructuras facultativas o diferencias entre endo y exotoxinas.

c) ¿Cuánto tiempo duraría el examen?

c) Serán entre 20 y 30 preguntas. Calcula sobre 3 minutos por pregunta lo que haría entre 1 hora y 90 minutos


Mañá reservarei a aula para o exame que, lamentablemente, ten que ser pola tarde.


A lista de persoas que se van presentar é a que segue:


Se alguén se quere apuntar ou desapuntar, que se poña en contacto co profesor Seoane. Tede en conta que ten que haber un mínimo de persoas para que se realice esta convocatoria, non vos vaiades desapuntar en masa.

Saúdos, 

Adrián

PD: Xa tedes subidas as diapositivas de Nefro, de Quintela. Son unhas do 2008, pero non cambiaron. 

sábado, 26 de marzo de 2011

AVISO VIAXE E REUNIÓN

A ver, primeiro, déixovos un documento cos presupostos definitivos para a viaxe a Cuba que me pasou Roi, o coordinador da comisión de viaxes:


Prestade boa atención ó que comenta sobre os carburantes e os prazos de reserva, porque é moi importante. Precisamente por iso, convocase unha reunión para o martes 29 ás 20:30

Saúdos e boa fin de semana.

viernes, 25 de marzo de 2011

Aviso vendas.

Por favor, pagade as chuches en canto poidades. Ata que se recollan tódolos cartos, non se pode facer o ingreso, e querémolo facer canto antes. Dádelle os cartos a Carmen ou Paula do noso grupo.

Saúdos

martes, 22 de marzo de 2011

Clases de anatomía patolóxica

Definitivamente,despois de estar mareando dúas semanas (sintoó) as clases de anatomía patolóxica dos Venres pasan ós Xoves ás 13,30 no aula 1, de aquí a final de curso.

Queda mirar que facemos con ética pero creo que hai xente que non quere cambiar a hora dos Venres, non?Se iso comentade por aquí o que pensades e así decidimos.

Un saúdo!
Olalla

sábado, 19 de marzo de 2011

Avisos varios

Antes de nada, permitídeme comezar dándovos os meus parabéns a todos. Ó fin remataron os exames, e iso é algo digno de celebrar! Sen embargo, tócame comezar con outra rolda de avisos de cara ó que se nos vén enriba este cuadrimestre.

Primeiro, as materias pendentes:

Anatomía I:

Este é o correo que me enviou unha rapaza de cuarto:
Soy alumna de cuarto y queria pediros para poner en vuestro blog una entrada sobre las firmas que vamos recoger para pedir una convocatoria adelantada de anatomia I.
-las hojas para firmar estaran en bedeles (facultad), con los delegados de los diferentes cursos, y vamos a enviar hojas para vigo y coruña
-la data limite para firmar es dia 5 de abril
-Quien se presentar a convocatoria delantada está automaticamente rechazando la convocatoria de junio
- Las notas solo saldran despues de la convocatoria de junio

No se sabe si vamos a conseguir pero cuantas más firmas mejor! Y por lo menos intentamos!

Fisio I

Do mesmo xeito, imos tentar nós tamén conseguir unha convocatoria adiantada de Fisio I. Sen embargo, antes de falar con Román, gustaríame saber se hai xente interesada en realizar este exame. Aqueles que o estean, que se poñan en contacto comigo a través do email do blogue: medicinagrupouno@gmail.com


Micro (abril)

Aínda non puiden falar con Seoane, pero de momento a lista da xente que teño apuntada para o 14 de Abril, fecha na que se realizaría o exame, é a que segue:
 

Se alguén quere realizar o exame e non aparece na lista, que se poña en contacto comigo a través do email arriba citado. Ó longo desta semana aparecerán tódolos detalles acerca do exame no blogue.

Saúdos!

jueves, 17 de marzo de 2011

Anato Patolóxica

O Profesor Varela non se puxo en contacto coa nosa delegada, Olalla, para aclarar a situación da clase do venres. Polo tanto, en principio, esa clase non se vai dar - xa que é o que tiñamos acordado con el nas aulas e fallou en notificarnos oficialmente calquera modificación.

En resumo, que mañá non hai clase de Anato Patolóxica.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Clase anatomía patológica Viernes 18

Rapaces! Aínda que o profesor dixo na clase que non ía haber clase esta semana pode ser que a haxa.
Chamoume esta mañá para dicirmo. Vaime chamar outra vez mañá sobre as 12 da mañá para confirmarmo así que en canto o sepa volo escribo aquí.
Saúdos!

lunes, 14 de marzo de 2011

ERASMUS - distribución grupos elección de plazas

Xa tedes colgadas na web da facultade as listas para acudir a elixir praza:

http://www.usc.es/gl/centros/medodo/modules/news/news_0002.html

PD: Xa tedes subido o seminario 5.

sábado, 12 de marzo de 2011

Anatomía patolóxica

Finalmente debido ó exame de farma a semana que ven a clase de anatomía patolóxica queda no horario normal, o Venres as 13,30. Pero dese día en adiante case seguro (falta a confirmación do profesor) cambiaremos todas as semanas a clase dos Venres ó Xoves as 13,30 a menos que alguén teña algo que obxetar.

Outro aviso importante. Suspéndese a primeira práctica de anatomía patolóxica para todos os grupos. Daremos o contido da primeira práctica na segunda.

Ánimo con farma rapaces!!
Olalla

jueves, 10 de marzo de 2011

Clase anato pato Venres

Ben, xa que o homiño non contestou deixamos a clase de anatomía patolóxica no horario normal, o Venres as 13,30.
Intentarei falar con él para cambiar o horario ata final de curso. Tamén falarei coa de ética para que pase a súa clase ós Xoves e así poder ter libres os Venres.
Sinto non telo arranxado antes esta semana pero prométovos solucionalo para as clases que quedan de hoxe en adiante.
Un biquiño,
Olalla

miércoles, 9 de marzo de 2011

Clase anato pato

Mandeille un email o profesor Sobrino a ver se pode vir mañá ás 13:30. Aínda non contestou pero seica o outro día na clase dixo que non tiña problema en vir esta semana así que imaxinemos que non terá problema.
A ver se mañá pola mañá xa me contesta e pódovos avisar a unha hora prudente, polo menos antes das 12. Se antes das 12 non contestou deixamos a clase o Viernes e xa está.
Sinto o lío.
Un saudiño,
Olalla

Pd. Xa tedes subidos o seminario de Farma que faltaba (grupo 3). Se algún dos grupos que fixo o seminario coas profesoras Fernández e Meizoso aínda non nolo enviou, pediríalle que por favor o fixera.

martes, 8 de marzo de 2011

ERASMUS

Reunión co Responsable Académico de Mobilidade (Prof. Dr. D. Víctor Arce) o venres, 11 de marzo, ás 13.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina.

Actualizado: A reunión do venres é informativa. A elección de destinos realizárase o luns 14 de Marzo a partir das 10:30 no Decanato da Facutade.

Reunión Microbioloxía Abril

Para todos aqueles que teñades suspensa Microbioloxía: se estades interesados en facer a recuperación da materia en Abril, quedades convocados o xoves 10 de Marzo ás 20:30 no aula 4 da Facultade. Nesta reunión fíxarase a data e hora do exame. Se non podedes asistir pero estades interesados en realizar o exame de tódolos xeitos, poñédevos en contacto con medicinagrupouno@gmail.com

Un par de cousas importantes acerca do exame: 

- É un exame de resposta corta
- Se o facedes agora perderedes o dereito á convocatoria de Setembro.
- Ten que haber como mínimo 15 persoas interesadas para que se realice este exame extraordinario.

Saúdos

lunes, 7 de marzo de 2011

Notas Pumar (Grupos 1 e 2)

Aquí as tendes. Lamentamos a espera.

Azevedo - Calculli
Da Silva - Fervenza
Janeiro - Matos
Pañeda - Rocha
Sousa Dias - Zugasti


Revisións: 


Vidal - mércores 9, 11 - 13 h. Laboratorio de Radioloxía Digital. Non se permite o "regateo".

Souto - mércores 9, 10 - 12 h. Despachos de Radioloxía, 3ª Planta, Fac. Medicina

Pumar - mércores 9, 10 h. Servizo de Radiodiagnóstico, CHUS.

Recuperación de Vidal

O exame de Vidal para a xente que teña suspensa a súa parte ou para a xente que queira subir nota será o Mércores 9 de Marzo as 13,30 no aula 4.

sábado, 5 de marzo de 2011

Avisos varios (URGENTE FARMA)

Primeiro, FARMACOLOXÍA: a profesora Fernández dixo que os seminarios formarán parte da materia de examen do parcial. Pídolle, por favor, a todos aqueles que aínda non enviaran os seus seminarios que o fagan.

Segundo, o grupo 6 de Farmacoloxía ten unha reunión o mércores, día 9, ás 15:30 diante do aula 4.

Terceiro, colgarei as notas de Pumar en canto poida. Se alguen as ten (en foto ou como sexa) que mas envie, senón, tentarei achegarme eu a tirarlle unha foto, pero non garantizo nada - non sei se a facultade mañá abre -.

Saúdos.

viernes, 4 de marzo de 2011

Exames perdidos de Vidal

Para la gente a la que no le haya aparecido ninguna nota en las listas publicadas en la facultad os informo de que el profesor Vidal va a intentar encontrar vuestro examen. Si lo encuentra publicará la nota en el tablón de la facultad hoy mismo a mediodía; si no, daros por aprobados con un 5 y si creeis que mereceis más nota podeis ir a hablar con él el Miercoles 9 en el horario de revisión de su parte del examen.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Epidemioloxía e Micro

Primeiro, e máis importante: estamos organizando o tema do exame de recuperación de Microbioloxía en abril. Aqueles ós que lles interese, que se poñan en contacto a través do e-mail. Ollo, tende en conta que, de presentarvos agora, non teredes dereito a Setembro

Segundo, os apuntes de Epidemioloxía que deixou o profesor na clase estarán a partires de mañá na fotocopiadora. Tentei escanealos, pero saíame un PDF dun trillón de MB, así que mellor imos ó tradicional. De tódolos xeitos, o exercicio que hai que realizar este fin de semana déixovolo aquí:


  Preme na imaxe para vela a maior resolución.

Criterios de Evaluación Psicopatoloxía

Déixovos un documento que nos facilitou amablemente a profesora de Psicopatoloxía, resumindo os criterios de avaliación e información complementaría.

CRITERIOS AVALIACIÓN PSICOPATOLOXÍA

Fixádevos en que, se queredes asistir á revisión de exames, tedes que pedir cita a través dun correo electrónico.

Clase anatomía patológica

Cambiamos a clase do Venres as 13,30 para o Xoves as 13,30 no aula 4.

Clase extraordinaria de Garabal

Mañá, Xoves 3 de Marzo ás 19,30.

(Xa de paso coméntovos que probablemente teremos a clase de anato pato do Venres, o Xoves ás 13,30. Pero aínda mo ten que confirmar o profesor Sobrino. Intentarei avisar canto antes.)

martes, 1 de marzo de 2011