martes, 17 de mayo de 2011

Descentralizacións


Este blogue ábrese para todos aqueles e todas aquelas que o curso que vén estarán en 4º, 5º ou 6º de Medicina na Universidade de Santiago. Créase para recoller os datos de todos aqueles e todas aquelas que se ofrezan a:

1) En caso de manterse o modelo actual de descentralización mensual, marchar a Vigo, A Coruña, Ourense (sen buses) ou Lugo (sen buses) en todos os meses de prácticas.

2) En caso de instaurarse o modelo C, pasar os dous períodos de prácticas, e non só o período que pasaríamos todos fóra, en Vigo, A Coruña, Ourense (sen buses) ou Lugo (sen buses).

3) Pasarse ao plano de Grao segundo o modelo que presentará publicamente ao estudantado interesado o Decano o vindeiro luns 23 ás 19.30 no Salón de Actos da Facultade.

2 comentarios:

  1. Non semella moi apropiado dar a opción de votar algo que aínda non se coñece (a opción C), sobre todo cando na reunión pregamos que todo isto estivese listo esta mesma semana. O da ausencia de buses... Tamén quedariamos sen buses aínda que só nos desprazáramos nesas 6 semanas obrigatorias? Porque se é así o modelo C xa non gozaría de tanta aprobación (polo menos a miña perderíaa).

    ResponderEliminar
  2. Juanca,

    Na reunión tamén se falou de que o decanato e o comisionado precisaban un número aproximado de xente disposta a desprazarse para cadrar a súa proposta. Esta votación, segundo entendo eu, non ten carácter resolutorio, senón máis ben orientativo.

    Saúdos!

    ResponderEliminar