domingo, 8 de mayo de 2011

Descentralización


Boas
 
O secretario da facultade, o Prof. Lima, e o Comisionado de CC da Saúde da USC, o Prof. Macía, xa coñecen con todo detalle o plantexado no comunicado e o que o motiva.
 
Ademais, comunicáronnos que o luns e o martes o Decano estará de viaxe, polo que cremos axeitado aprazar aconcentración para o MÉRCORES 11 ás 13:00 na facultade.
 
Tamén nos informaron dende o reitorado de que estaban a cadrar a axenda do reitor para ter unha reunión connosco o antes posible.
 
Sentimos o baile de datas, pero debemos xogar ben as nosas bazas para que teñan o efecto desexado.
 
Un saúdo

3 comentarios:

  1. A ninguén máis lle dá a sensación de que o seu desexo inicial de aprazar a confrontación ata despois das eleccións está detrás de tantos inconvenientes de última hora? ¬¬

    ResponderEliminar
  2. Coincido co comentario de arriba. Están conseguindo o que querían chegar o 22 sen tomar algunha decisión! O decano está polos estudantes ou debería, e sen ten que cancelar unha viaxe pois cancelaa, ou se ten que traballar a fin de semana tamén porque dende o venres até o luns van 3 dias!!!

    ResponderEliminar
  3. EStou con vosco!!! Esto dá a sensación de seres unha tomadura de pelo,... e eu francamente non o entendo,... Xa veredes como o final faremos o que eles queira,... Só somos títeres do destino ELIXIDO POR ELES!!

    Eu non aprazaba as datas,... aqui xa está comezando a CHEIRA MOI MOI MOI MAL!!!

    ResponderEliminar