lunes, 26 de septiembre de 2011

Novas sobre Vigo Lugo e Ourense

Mensaxe de ALEM:


Boas

Como moitos xa saberedes, o proceso de alegacións á descentralización rematou (salvo casos particulares) polo que xa se fixeron os grupos de prácticas para o CHUS e están (ou deberían estar pronto) en mans dos delegados para que os fagan públicos. Sabemos que no CHUAC tamén están traballando na organización das prácticas.

Os problemas atopámolos en Vigo, Ourense e Lugo.

- En Vigo o coordinador de docencia dimitiu por descontento ca xestión feita dende a facultade e a USC, polo que a situación está "no aire". Unha compañeira e unha delegada están a levar o tema para tentar chegar a bo porto esta semana.

- En Lugo o coordinador asume ós estudantes pese a sentirse desatendido pola facultade, pero non ten novas do decanato así que dúas compañeiras están a traballar no tema para tentar organizar as prácticas.

- En Ourense estaban simplemente á espera de información de Santiago, que polo momento non chegou, polo que uns compañeiros están a traballar tamén na organización.

Así, a situación resúmese en que en Vigo, Lugo e Ourense somos os estudantes os que estamos a mediar entre facultade e hospital e os que temos que facilitar a información necesaria para a organización das prácticas, e todo esto a menos dunha semana para o comezo do curso.
Por varias frontes estamos a "informar" ó decanato do que acontece (por se non eran conscientes...) e agardamos a súa máxima colaboración para facer nunha semana o traballo que debía estar feito moito antes.

Non vos asustedes nin desesperedes (porque cabreados supoño que xa estaredes), estamos facendo todo o posible por arranxar o tema canto antes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario