martes, 12 de julio de 2011

Descentralización, novidades

A ver, como xa saberedes, houbo unha reunión co decano o día 30 de Xuño, para espoñernos o plan do decano para nos pasar a Bolonia. Aquí tedes o enlace para as pasarelas ou táboas de equivalencia que propón o decanato para a adaptación o EEES no 2014.


Aquí vos deixo tamén o estupendo State of the Union que fixeron os nosos compañeiros de Entérate Med:

O pouco que podemos saber sobre descentralización e paso a grao é:
- Xa están dispoñibles na web da facultade as pasarelas que se ofertan para aqueles que desexen pasarse a grao. Basicamente consisten en que o próximo curso os interesados poderán coller ademais das materias do seu curso algunha de cursos superiores para poder así adaptar o seu "curriculum" de materias co equivalente do grao e pasarse a grao no seguinte curso.
- O modelo a seguir o próximo curso é o actual (mensual) e descoñecemos ata que punto realmente se tentou dende o decanato cadrar as aulas a horarios para poder establecer a aposta estudantil ("modelo C" de 6 semanas)
- Os hospitais nos que se poderán facer prácticas o próximo curso serán os de Santiago, A Coruña, Vigo, Ourense e Lugo e estarán organizadas pola facultade e o centro. O decanato ten un compromiso ca Xunta de que non se farán prácticas "extraoficiais" en ningún outro hospital.
- Polo momento dende o decanato non nos dan información sobre o transporte en autobús á Coruña e a Vigo, pois din non ter novas do reitorado, que é dende onde se realizan as xestións (tampouco sabemos se realmente se interesaron polo tema...).
- O número de voluntarios non acada os 50 "necesarios" en ningún curso (aínda que o número é "flexible") polo que, pese ó falado previamente cando os representantes de estudantes advertimos de que esto ocorrería se non se implantaba o modelo C e se fixo caso omiso das nosas advertencias de que non queriamos estudantes obrigados, o decanato plantexa a necesidade de facer un sorteo ou de establecer un sistema para "asiganar" (é dicir, obrigar) as prazas sobrantes ata un total de 30-50 (nunca se nos di un número exacto...).

Todo o exposto anteriormente será aprobado nunha Xunta de facultade a celebrar o próximo venres 15 de xullo ás 13:00 no salón de actos da facultade, polo que pregamos a asistencia de todos os representantes de estudantes.
Ademais, se algún outro estudante desexa asistir como oínte pode dirixirse ó decanato da facultade ou a algún dos membros da equipa decanal e solicitalo.
Sentimos que a situación sexa a que é, fixemos todo o que puidemos e sempre fomos moi claros transmitindo as peticións básicas dos compañeiros pero, pese ás presións colectivas e ás nosas advertencias de que o que se nos ofrecía non facía mais ca empeorar a situación dos estudantes, dende a facultade séguese a actuar de costas ó estudantado ca tolerancia do reitorado e a estas alturas, rematado o curso e con todos dispersos nas súas casas, os representantes de estudantes temos pouco mais que facer que votar en xunta de facultade, onde somos minoría e apenas contamos con apoio de algúns profesores que se preocupan por coñecer e mellorar a nosa situación.
Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario