miércoles, 26 de enero de 2011

Cousas varias

Primeiro, subo a parte do Zaragoza (Física e Instrumentación Médicas. Ed. Masson-Salvat, Barcelona. 1992) necesaria para a parte de radioterapia de Vidal; isto é, en concreto, o capítulo 41: Bases físicas de la radioterapia. Recordade que poden caer preguntas de esta parte no exame. Ó final trae tamén unhas preguntas de autoavaliación. Engádovos as respostas nun arquivo anexo. Espero que vos sexa de axuda.


Segundo, aquí vos deixo a presentación de Araúxo de tiroides:



IMPORTANTE: Hai que decidir se esta materia entra ou non para o parcial. Se entrase, a parte de endocrinoloxía no exame sería: adenohipófisis, suprarrenal, hipotiroidismo e tirotoxicose. Se non, só sería a parte da Prof. Peñalva. Agora ben, tede en conta que se non o poñemos agora, téremolo que meter co resto da materia no final.



Tedes ata o venres, 28 de Xaneiro, ás 23:59, para votar.

Asimesmo, déixovos a web da que falou en clase hoxe: Thyroid Manager. Nela atoparedes múltiple información acerca da tiroides en tódolos seus aspectos (iso sí, en inglés). Esta páxina é parte dun proxecto maior chamado Endotext, que ofrece información especializada - e actualizada - sobre o sistema endocrino e a súa patoloxía. Pode ser útil para a parte da Prof. Peñalva e o que queda por vir.


Subo tamén a 2ª parte do seminario II de Farma, por cortesía de Juan Camino.

¿Onde a podedes atopar? Pois ben, con isto remato. Reorganicei un pouquiño o blog para que sexa máis fácil acceder a todo aquilo que vaiamos subindo. A partir de agora, se estades a buscar algunha cousa que se subira - fóra de avisos, etc. - podedes atopala no Limiar de Descargas.
Saudos e sorte nos exames.



No hay comentarios:

Publicar un comentario