domingo, 12 de junio de 2011

Sistema de rexistro

A partir de hoxe será necesario estar rexistrado para comentar no blog. Poderedes comentar como usuarios/as de:

- Conta Google (@gmail.com)
- AIM

Eu creo que a mellor opción de rexistro - con sinceridade - é Google, xa que o usuario que creedes non só vos valerá para isto, senón tamén para Youtube, GMail, GoogleDocs... OpenID tamén funciona bastante ben e evítavos abrir unha nova conta de correo. Aquí tedes un titorial de como crear unha identidade con este servizo.

¿E isto a que vén? Pois o de sempre, anónimos si, anónimos non. Non me gusta que a xente teña que realizar un paso extra para comentar no blog, pero tampouco pode ser que se vertan comentarios ofensivos sen identificación por parte do autor. 

Se tedes calquera dúbida acerca de isto, xa sabedes que estou dispoñible en medicinagrupouno@gmail.com

Saúdos,

Adrián


No hay comentarios:

Publicar un comentario