miércoles, 15 de junio de 2011

Descentralización

Como xa mencionastes por aí abaixo, hai novas con respecto á descentralización. Estabamos a espera de saber algo máis para informarvos, pero de momento isto é o que hai:

Boas

Temos novas mais ou menos oficiais.

O paso a grao voluntario aprázase ata o curso 12/13 para telo todo ben preparado e debidamente informado.
http://www.europapress.es/salud/politica-sanitaria-00666/noticia-galicia-usc-dice-transformacion-docencia-teorica-medicinacogera-otro-ritmo-partir-curso-2012-13-20110614160443.html

Para a descentralización, polo que sabemos EN PRINCIPIO continuarase co modelo mensual (o actual) por problemas de dispoñibilidade de aulas para os periodos nos que todos teriamos teoría en Santiago.
EN PRINCIPIO de 4º farían as prácticas fora de Santiago so os voluntarios, a incógnita é que ocorrerá con 5º e 6º, pois os voluntarios son escasos.
Ademais, descoñecemos que nivel de organización hai para os hospitais de Lugo e Ourense.

Polo momento non sabemos NADA mais, esto é o pouco que podemos saber pese á nosa insistencia...

En canto teñamos mais información, en principio ó longo desta semana, dirémosvolo.

A información tamén foi recollida por outros medios:


E nun ton que eu, polo menos, non dubido en tildar de penoso (e penosamente localista) estes outros dous artigos:


Rapaces, xa sabedes, a nosa formación non é máis que un activo electoral que os partidos se reparten como queren. Isto é unha espiral sen fin, na que a cobiza e o chauvinismo se mesturan para destruír calquera posible proxecto de colaboración. Así non imos a ningures, nin nós, nin ninguen.
Saúdos,

Adrián

PD. As opinións vertidas arriba son miñas (Adrián) e por tanto persoais. Non se debe asumir que son representativas da colectividade dos alumnos e alumnas de Medicina.

3 comentarios:

  1. Aínda que non sexan da colectividade, posiblemente o 90% da xente pense coma ti, tranquilo. xD

    ResponderEliminar
  2. Así o único que fan é aplazar o tema, e o ano que ven verémonos na mesma situación e co mesmo problema...

    ResponderEliminar
  3. A ver, o plan e seguir tirando polo modelo C pero non atopamos maneira de que funcione. En decanato seguen co argumento de que non hai sitio nas aulas para meternos a todos no "período pre-exames" no que, segundo ó modelo, estariamos cuarto,quinto e sexto tendo clase teórica en santiago.

    ResponderEliminar