jueves, 17 de febrero de 2011

AVISOS, VIDAL

Agora que xa pasou a clase de Vidal, e tras ternos superado a nós mesmos nunha competición de rumoroloxía disparatada, quedan certas cousas claras:

A primeira, e máis importante, é que non entra radioterapia. Nin as follas que nos deixou el en inglés nin a parte do Zaragoza. Decidiu descartalo porque non consideraba xusto avalialo sen teren dado a clase. Tardou tanto en dicírnolo porque "así, o 90% de vós, xa o estudastes". 

Do mesmo xeito, tamén mencionou que haberá un mínimo de dúas repescas para a súa parte. A primeira poderase presentar quen queira, xa sexa porque suspendeu, quere subir nota ou, directamente, non se presentou ó exame este luns porque se vía moi verde. En caso de suspender esta repesca (sempre que non sexa cun -273) ofrecérase a posibilidade de recibir clases particulares para preparar o seguinte exame de tal modo que, todo aquel que queira e se esforce, poida aprobar a materia.

A miña opinión persoal é que isto é coma un aprobado xeral, pero sen regalalo. Aínda non teño moi claro como van facer os demais profesores en canto a posibles recuperacións, pero polo menos Vidal xa explicou a súa parte.

En canto ás outras novas, cabe salientar:

a) Xa están as notas do parcial de Patoloxía. Podedes atopalas na entrada principal. subindo a escaleira a man esquerda, no taboleiro do Departamento de Medicina.

b) Asimesmo, xa están postas as notas do parcial de Psicopatoloxía. Ollo, as notas do exame, non a nota global. Podedes atopalas onde a bedelería, en fronte da nosa aula.

c) Houbo un cambio en canto ós exames de Farmacoloxía e Relación Médico-Doente de xuño. Ámbolos dous realizaranse agora no aulario, ante a imposibilidade de empregar a facultade, que estará ocupada pola realización das PAAU.

d) Por último, pero non por iso menos importante, xa está dispoñible o calendario de prácticas do segundo cuadrimestre. Supoño que moitos xa o teredes descargado do blogue do grupo II. Ó parecer, e segundo investigou Olalla, ó secretario do decanato esquecéuselle pasárnolo a nós. Pedimos desculpas.

2 comentarios:

  1. No estoy estos dias en santiago ¿en las notas de patologia pone alguna fecha de revision de examenes? gracias

    ResponderEliminar
  2. O propio seria que alguén poidese subir fotos ou algo para sabelo os que non estamos aí.

    ResponderEliminar