sábado, 26 de febrero de 2011
Seminario de farma deste xoves.
Este xoves pasado 24 de febreiro non acudiu ningún profesor ó seminario de farma que tocaba. O problema foi que pensaban que seguiamos co mesmo horario do primeriro cuatrimestre. O seminario perdido será o martes nos últimos minutos da clase de farma.
DESCENTRALIZACIÓN: ASAMBLEA COMÚN
Estimados compañeiros e compañeiras,
Trala solicitude do decano para constituír a Comisión asesora do baremo de descentralización reunímonos Olalla (Delegada do Grupo I de 3º), Teixo (Delegado do Grupo II de 3º), Alberto (ALEM), Montse (ALEM), Tania (Comités) e Andrés (ME.I.GA.).
O obxectivo desta comisión é establecer un baremo xusto e transparente para todos os estudantes que no curso académico 2011-2012 vaian comezar o segundo ciclo universitario da licenciatura de Medicina.
Tralo acordo común, para poder presentarvos a situación como se debe, queremos convocar unha asemblea informativa o vindeiro:
Martes 1 de Marzo 2011 ás 18:30 na aula 8
Nesta asemblea queremos expoñerlles toda a información que recibimos e cal vai ser o noso plan de acción para esta tarefa.
De aquí a aló, o noso traballo será preparar a exposición o mellor posible e de solicitar tanto o salón, como a colaboración dos profesores con clases a esas horas. A razón deste horario é para dispor do tempo para facer as cousas ben; explicar todo o necesario.
Polo voso lado, ata o momento da reunión, rogámosvos dúas cousas:
- En primeiro lugar, un máximo de tranquilidade. Estamos nunha fase de propostas, non de decisións e actualmente non hai ninguén na facultade de medicina coa información suficiente ou coa autoridade para poder dar detalles xa que é un proxecto vivo e activo. O que podemos garantir é que, como comisión, temos previsto escoitar opinións e usar todos os medios necesarios para que esta proposta sexa o máis realista posible e o máis adaptada a todos os estudantes implicados.
- En segundo lugar, pedimos un máximo de presenza en dita reunión; dispostos a escoitar e a botarnos unha man con esta gran labor. É unha primeira reunión na cal o único que queremos é presentarnos, informar, explicar cómo temos previsto traballar, cales son os nosos factores limitantes e, se é posible, comezar a escoita de opinións. Nada máis.
Por último, parécenos importante resaltar que é un esforzo que temos que facer en conxunto. Empregaremos todos os medios das diferentes asociacións e dos blogues de clase para comunicar información e os diferentes avances. Iso si, decidimos facer comunicacións como comisión e, para evitar problemas de comunicación, farémolo de forma conxunta. Unha vez que os seis esteamos informados e de acordo coa información a transmitir comunicarémosvola. A razón non é para filtrar información, todo o contrario. Podemos garantirvos que todo o que saibamos saberédelo. Pero visto o delicado que é este tema para todos e o fácil que é facer malas interpretacións, decidimos actuar desta maneira.
Na espera de vervos na reunión mandámosvos un saúdo.
Atentamente,
A comisión asesora do baremo de descentralización
viernes, 25 de febrero de 2011
Notas de Microbioloxía
Xa están dispoñíbeis as notas de Microbioloxía Médica I. Atoparédelas na virtual.
A revisión será o martes e mércores da vindeira semana (2 e 3 de Febreiro) de 12:00 - 14:00, no servizo de Microbioloxía do CHUS (Edificio A, 3ª Planta, Sección C).
A revisión será o martes e mércores da vindeira semana (2 e 3 de Febreiro) de 12:00 - 14:00, no servizo de Microbioloxía do CHUS (Edificio A, 3ª Planta, Sección C).
jueves, 24 de febrero de 2011
Primeiro día do 2º Cuadrimestre
Dous pequenos apuntes:
a) Os profesores de Ética e de Epidemioloxía fixeron cambios no calendario das súas clases. Aínda que a programación definitiva nola pasarán eles, de momento a cousa iría así:
- Os mércores 2, 9, 16 e 23 de Marzo haberá dúas horas de Epidemioloxía, en vez dunha de Ética e outra de Epidemioloxía.
- Os mércores 30 de marzo e 6, 13, e 27 de Abril haberá dúas horas de Ética, en vez dunha de Epidemioloxía e outra de Ética.
- En Maio repartíranse as clases.
¡Ollo! Estes cambios afectan só ó mércores, as clases do resto da semana permanecen iguais.
Asómesmo, os profesores de Epidemioloxía indicaron hoxe que a data límite para inscribirse para o traballo voluntario é o 15 de Marzo.
b) O profesor Pombar (Protección Radiolóxica) tamén fixo fincapé en dúas cousas:
- Primeiro, non haberá clase os Xoves as 19:30 até que rematen os seminarios de Farmacoloxía, que se impartirán nese horario. De aí en diante comezarán os seminarios de Protección Radiolóxica, que se prolongarán ó longo dos xoves restantes até finais de Maio.
- Ofrécese a posibilidade de realizar o exame adiantado. A data oficial é o 24 de Xuño, pero o profesor está disposto a realizar o exame nunha data a maiores da nosa elección. En caso de presentarse alguén ó exame adiantado, non se podería presentar á convocatoria oficial, como é lóxico.
Máis adiante pasaremos unha enquisa para ver en que data prefeririades o exame.
Saúdos e ánimo co novo cuadrimestre ;)
viernes, 18 de febrero de 2011
Paso de Ecuador - Ofertas para a viaxe
Aquí vos deixo as ofertas coas que conta Roi, encargado da comisión de viaxes, para a viaxe a Cuba. Saúdos.
jueves, 17 de febrero de 2011
Revisión Patoloxía
A revisión será o día 22 de Febreiro, ás 9 da mañá, na U.E. T.eM. da Facultade de Medicina (Unidade de Enfermidades Tiroideas e Metabólicas, no departamento de Medicina) Os alumnos deben levar anotados de antemán o número de acertos e de erros que ten.
Ánimo con Raios :)
AVISOS, VIDAL
Agora que xa pasou a clase de Vidal, e tras ternos superado a nós mesmos nunha competición de rumoroloxía disparatada, quedan certas cousas claras:
A primeira, e máis importante, é que non entra radioterapia. Nin as follas que nos deixou el en inglés nin a parte do Zaragoza. Decidiu descartalo porque non consideraba xusto avalialo sen teren dado a clase. Tardou tanto en dicírnolo porque "así, o 90% de vós, xa o estudastes".
Do mesmo xeito, tamén mencionou que haberá un mínimo de dúas repescas para a súa parte. A primeira poderase presentar quen queira, xa sexa porque suspendeu, quere subir nota ou, directamente, non se presentou ó exame este luns porque se vía moi verde. En caso de suspender esta repesca (sempre que non sexa cun -273) ofrecérase a posibilidade de recibir clases particulares para preparar o seguinte exame de tal modo que, todo aquel que queira e se esforce, poida aprobar a materia.
A miña opinión persoal é que isto é coma un aprobado xeral, pero sen regalalo. Aínda non teño moi claro como van facer os demais profesores en canto a posibles recuperacións, pero polo menos Vidal xa explicou a súa parte.
En canto ás outras novas, cabe salientar:
a) Xa están as notas do parcial de Patoloxía. Podedes atopalas na entrada principal. subindo a escaleira a man esquerda, no taboleiro do Departamento de Medicina.
b) Asimesmo, xa están postas as notas do parcial de Psicopatoloxía. Ollo, as notas do exame, non a nota global. Podedes atopalas onde a bedelería, en fronte da nosa aula.
c) Houbo un cambio en canto ós exames de Farmacoloxía e Relación Médico-Doente de xuño. Ámbolos dous realizaranse agora no aulario, ante a imposibilidade de empregar a facultade, que estará ocupada pola realización das PAAU.
d) Por último, pero non por iso menos importante, xa está dispoñible o calendario de prácticas do segundo cuadrimestre. Supoño que moitos xa o teredes descargado do blogue do grupo II. Ó parecer, e segundo investigou Olalla, ó secretario do decanato esquecéuselle pasárnolo a nós. Pedimos desculpas.
miércoles, 16 de febrero de 2011
EXAME DE RAIOS
Chamoume hoxe o profesor Souto para comentarme como vai ser o exame.
Haberá 30 preguntas tipo test de medicina nuclear, 15 de cada profesor.
Despois haberá tres imaxes por cada un dos outros profesores e preguntarán de forma breve, dunha forma similar á plantilla que temos do profesor Vidal.
Hai unha cuestión por aclarar que é como vai preguntar Vidal a sua parte teórica, pero iso o falamos mañá na clase con el e xa o subo aqui en canto o saiba.
Creo q iso é todo.
Un saudo! E ánimo que xa é o último!! ;)
martes, 1 de febrero de 2011
Seminario Quintela
Mañá ás 16:00 teremos un seminario con Quintela. Poderédeslle preguntar as dúbidas que queirades - exames, teoría, etc. -. Un saúdo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)